Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de setembro de 2010

A Omic da Coruña pon en marcha un simulador de compras por Internet,

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) da Coruña crea un simulador de compras por Internet co fin de informar e formar á cidadanía no consumo virtual.

A aplicación consta de seis portais simulados de compras por Internet, cada un deles versa sobre un tipo de compra ou servizo online diferente:

 

  • CulturOMIC: sitio web onde realizar unha compra simulada de produtos culturais como: libros, revistas ou películas.
  •  ElectrOMIC: tenda virtual na que simular a adquisición de produtos electrónicos.
  •  MercadOMIC: un supermercado virtual.
  •  AirOMIC: portal simulado para a reserva de voos.
  •  OMIC Seguros: sitio web no que o usuario pode simular a contratación dun seguro de vida, aoutomovil ou fogar.
  •  OMIC Aloxamentos:  central de reservas de aloxamentos turísticos de todo tipo.

 

O simulador é unha ferramenta que permite familiarizar aos consumidores  coas compras por Internet , dun xeito  práctico e ameno. O obxectivo fundamental desta ferramenta é aportar á cidadanía os coñecementos necesarios para realizar compras seguras na Rede e deste xeito evitar posibles fraudes.

A aplicación informática conta con consellos de compra, preguntas frecuentes coa resposta correspondente, erros e ilegalidades habituais na Rede a detectar polos usuarios e un test final a xeito de repaso do aprendido.  

Este simulador de compras pola Internet poderá utilizarse nos cursos de formación e charlas informativas que imparte a OMIC, dirixidos tanto a rapaces como a adultos. Deste xeito, os cidadáns disporán dun educador que os guíe na utilización deste recurso e resolva posibles dúbidas.

Pode obter máis información sobre o simulador ou os cursos de manexo do mesmo chamando ó teléfono 981 189820 ou acudindo á oficina da OMIC (na rúa Costa da Palloza, nº 8 ), en horario de 10.00 a 14.00 h, ou contactar con nós a través do correo electrónico omic@coruna.es.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión