3 de novembro de 2010
A OMIC impartirá talleres de Consumo responsable dentro do seu programa de Educación para o Consumo, na Unidade de Asesoramento de Migracións (UAMI).
- "De onde veñen as cousas?”: Axudándonos de mapas do mundo, realizarán "as viaxes" dos produtos dende a súa orixe ata o momento do consumo.
- "Natural e artificial": a través de diferentes experiencias como proba de zumes e froitas, condimentar diferentes alimentos, elaborar un almorzo natural… analizarán as vantaxes dos produtos naturais fronte aos artificiais.
- "Produtos do fogar": identificarán cales son os produtos perigosos para a saúde e como se etiquetan correctamente.
- "Ocio e tempo libre": xogarán por equipos a un xogo no que as preguntas e probas están relacionadas cos distintos tipos de ocio e as súas características.
- "Erros na alimentación": analizarán varios aspectos da alimentación diaria e intentarán descubrir os erros máis habituais que se producen en horarios, tipos de alimentos, cantidades…
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible