Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña
Utilizamos cookies propias (sesión, personalización, preferencias) para mejorar la experiencia del usuario a través del sitio web y cookies de terceros generadas por servicios o proveedores externos a la webque recopilan datos estadísticos, de uso, gustos de los usuarios, etc Aceptando todas las cookies da su consentimiento expreso para que se registren y utilicen tanto las cookies propias como las de terceros. Rechazando las cookies acepta que se utilicen exclusivamente las cookies propias para mejorar la experiencia de usuario. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de Normas de uso
Obradoiros de Consumo Responsable na UAMI dentro do programa educativo da OMIC da Coruña
A OMIC impartirá talleres de Consumo responsable dentro do seu programa de Educación para o Consumo, na Unidade de Asesoramento de Migracións (UAMI).
A Unidade de Asesoramento de Migracións (UAMI), no marco do seu labor de atención, orientación e asesoramento á poboación inmigrante e emigrante retornada, desenvolverá durante os meses de novembro e decembro obradoiros relacionados co consumo responsable dirixidos a pequenos e xoves de entre 3 e 14 anos.
Os nenos e nenas de entre 3 e 10 anos levarán a cabo tres obradoiros diferentes durante os días 17 e 24 de novembro e 1 de decembro, de 17.30 a 18.30 h.
"De onde veñen as cousas?”: Axudándonos de mapas do mundo, realizarán "as viaxes" dos produtos dende a súa orixe ata o momento do consumo.
"Natural e artificial": a través de diferentes experiencias como proba de zumes e froitas, condimentar diferentes alimentos, elaborar un almorzo natural… analizarán as vantaxes dos produtos naturais fronte aos artificiais.
"Produtos do fogar": identificarán cales son os produtos perigosos para a saúde e como se etiquetan correctamente.
Para os rapaces e rapazas de Secundaria, os obradoiros realizaranse o 25 de novembro e o 2 de decembro, de 17.30 a 18.30 h. Serán os seguintes:
"Ocio e tempo libre": xogarán por equipos a un xogo no que as preguntas e probas están relacionadas cos distintos tipos de ocio e as súas características.
"Erros na alimentación": analizarán varios aspectos da alimentación diaria e intentarán descubrir os erros máis habituais que se producen en horarios, tipos de alimentos, cantidades…
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge.
Instalar ahora un navegador compatible