Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A OMIC organiza un programa de talleres formativos sobre a nova factura da luz atendendo ás demandas da cidadanía
Os talleres realizaranse na OMIC desde outubro ata decembro
Dentro do Programa anual de Formación en Consumo a Oficina Municipal de Información ás persoas consumidoras vai poñer en marcha un novo programa de formación para adultos coa finalidade de informar as persoas consumidoras sobre a nova factura da subministración eléctrica.
Van impartir 6 talleres de forma presencial. Os talleres son gratuítos pero necesitan inscrición previa:
Propoñense tres datas posibles de cada taller para que as persoas interesadas poidan solicitar a data que mellor se adapte ás súas necesidades.
Talleres:
A nosa factura de subministro eléctrico: Un dos principais gastos dentro da economía doméstica é a factura eléctrica. Este obradoiro pretende facilitar a súa comprensión e así poder adoptar medidas de aforro de gasto eléctrico.
Coñece o mercado eléctrico: Tras as últimas modificacións na tarificación eléctrica e a continua emerxencia de empresas neste sector, vese necesario facer unha análise comparativa dos diferentes axentes que nos podemos atopar á hora de contratar uns servizos eléctricos. A lei da oferta e da demanda, comparativas das empresas, tarifas e prestacións, etc serán algúns dos temas a tratar neste obradoiro educativo.
Datas:
A nosa factura de subministro eléctrico:
01.10.2021
29.10.2021
26.11.2021
Coñece o mercado eléctrixo:
15.10.2021
19.11.2021
03.12.2021
Lugar:
Nas instalacións da OMIC, na Costa la Palloza, 8.
Horario:
De 11.00 a 12.00 h
As persoas interesadas en asistir a esta formación poden enviar un correo a omic@coruna.gal ou ben chamando ao 981 18 98 20
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible