Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de octubre de 2022

O Concello da Coruña organiza o Foro de comercio de proximidade, consumo responsable, alimentación e hábitos saudables o vindeiro 18 de novembro

O día 18 de novembro no Paraninfo da Universidade da Coruña o Concello a través da Concellaría e Comercio, Mercados, Consumo e Barrios vai a desenvolver un Foro centrado en hábitos saudables na alimentación das persoas consumidoras.

O obxectivo do Foro é promover un encontro de carácter formativo así como de participación e debate, co obxectivo de fomentar os principios que deben presidir o comercio local co fin de garantir os dereitos das persoas consumidoras, ademais analizarase o consumo responsable, así como o dos produtos de proximidade coa finalidade de fomentar hábitos sostibles saudables, e a súa incidencia na calidade de vida das persoas consumidoras.

Contamos coa participación de especialistas e divulgadores/as científicos/as de gran traxectoria profesional que achegarán unha visión ampla sobre o tema, promovendo, así mesmo, o intercambio de experiencias e impresións.

Lugar:

O Foro desenvolverase no Paraninfo da Universidade da Coruña , na Rúa Maestranza, 9,

Inscrición

A asistencia é de balde pero precisa inscrición previa.

Pode solicitar  a inscrición no enderezo foroalimentacion2022coruna@gmail.com, indicando o nome completo e un teléfono de contacto.

As solicitudes serán admitidas respetando a orde temporal de recepción ata cubrir as prazas.

Data:

18.11.2022 de 09:00 a 14:00 h

Máis información:

Tel.: 981 18 98 20 ou no teléfono de información cidadá 010

Documentos:

PROGRAMA-2.PNG (860 KB)

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión