Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Escola de verán 2020

Escuela de verano edición 2018

Escola de verán 2020

QUÉ É A ESCOLA DE VERÁN?

Actividades lúdicas e didácticas arredor do consumo responsable que se desenvolven para nenas e nenos de 4 a 10 anos, no mes de xullo, en horario de mañá.

TÉMATICA DE CADA QUENDA

  • Primeira quenda. Consumo e novas tecnoloxías. Do 1 ó 15 de xullo.

Facilitar ferramentas que garantan a adopción de bos hábitos de seguridade, facendo usuarias e usuarios conscientes da súa propia responsabilidade en relación co uso das novas tecnoloxías.

  • Segunda quenda. Consumo e alimentación saudable. Do 17 ó 31 de xullo.

Coñecer a importancia da compra de proximidade para manter unha alimentación sa e equilibrada. Sensibilizar na creación de hábitos de alimentación positivos e saudables fomentando o comercio de cercanía.

PERSOAS DESTINATARIAS

Serán nenas e nenos de idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos, e dispoñeranse en catro quendas con dous grupos en cada quenda en función dos rangos de idade:

  • Grupo 1 nenos/as de 4 a 6 anos (Grupo A). Nacidos entre o 2014 e o 2016
  • Grupo 2 nenos/as de 7 a 10 anos (Grupo B). Nacidos entre o 2010 e o 2013

HORARIOS DE ACTIVIDADES

De luns a venres de 09.00 a 14:00 horas

Por motivos de conciliación as nenas e nenos participantes poderán chegar ó campamento dende as 8:30 da mañá e poderán permanecer ata as 14:30.

LUGAR DE REALIZACIÓN

Centro Municipal de Emprego. Estrada de os Fortes ao Monte de San Pedro, s/n. 15011 - A Coruña

PREINSCRICIÓN

Do 27 ó 29 de maio, exclusivamente telemática desde as 00.00 horas do día 27 e ata o remate do día 29.

Podes facer aquí a preinscrición:

Quenda 1 (do 1 ao 15 de xullo) Grupo A (de 4 a 6 anos):

Quenda 1 (do 1 ao 15 de xullo) Grupo B (de 7 a 10 anos)

Quenda 2 (do 17 ao 31 de xullo) Grupo A (de 4 a 6 anos)

Quenda 2 (do 17 ao 31 de xullo) Grupo B (de 7 a 10 anos)

Todas as preinscricións que teñan data de envío anterior ou posterior aos días e horas indicados non serán tramitadas.

As listas de preinscritas/os faranse públicas o 30 de Maio ás 10:00 na web e no 010

Do 30 de Maio ao 1 de Xuño poderán efectuarse reclamacións en canto ás listas de preinscritas/os.

SORTEO PÚBLICO

As prazas adxudicaranse por sorteo que se realizará o día 3 de xuño. As prazas ofertadas en cada grupo e quenda adxudicaranse pola orde resultante.

O 9 de Xuño publicarase a lista de nenas e nenos admitidos en cada quenda. Se a/o solicitante non está na lista de admitidas/os, estará na lista de espera. Se por algunha circunstancia especial, debidamente informada, algunha das/dos menores admitidas/os fose obxecto de especial protección non se publicará o seu nome nas listaxes oficiais.

Se quedan prazas vacantes, despois da inscrición das persoas admitidas, chamarase ás reservas pola orde correspondente.

INSCRICIÓN

A inscrición definitiva será do 10 ao 12 de xuño a traves da Sede Electrónica do Concello da Coruña (https://sede.coruna.gob.es/) ou remitindo a folla de inscrición definitiva ao correo omic@coruna.es

Do día 13 ao 19 de Xuño procederase á xestión das listas de agarda.

Se non se formaliza a inscrición no prazo indicado, a praza quedará libre.

REQUISITOS XERAIS

  • As nenas e nenos solicitantes deben estar empadroados/as no Concello da Coruña e ter entre 4 e 10 anos de idade, nacidos entre o 2010 e o 2016.
  • Só se admitirá unha persoa participante por quenda e só poderán acceder á outra quenda se quedasen prazas vacantes.
  • En todo caso, terán preferencia as persoas empadroadas no Concello da Coruña e aquelas familias nas que ambos proxenitores/as estean traballando ou teletraballando e no caso de familias monoparentais.
  • Se por calquera circunstancia a persoa inscrita non pode acudir, deberá comunicar a Baixa por escrito cinco días antes do inicio da quenda.
  • Finalizado o prazo de inscrición, se quedasen prazas libres, o servizo procederá a chamar ao seguinte da listaxe asignada por sorteo ata cubrir prazas.
  • Para máis información poden consultar a web da OMIC www.coruna.es/omic ou ben chamar ao 981 189 820.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión