Liña atención telefónica
Juvenil, Para público en general
Desde el 27/03/2020 hasta el 14/04/2020
Ya ha finalizado
Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación
Teléfono Acompáñote: 900 920 500
Correo electrónico do servizo municipal: participacion@coruna.es
Desde a Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación, queremos ir un pasou máis aló na axuda ás persoas durante o tempo de duración da crise do COVID-19. É por iso que, despois da exitosa posta en marcha do servizo de voluntariado, que nos permitiu articular unha rede para os coidados básicos das persoas máis vulnerables, poñeremos en marcha a liña telefónica Acompáñote.
Sabemos que moitas persoas atópanse soas porque carecen de rede familiar e social na que apoiarse e moitas delas non teñen acceso ao mundo dixital polo que asomarse ao exterior, de maneira que non poder saír á rúa, resúltalles moito máis duro. Para todas esas persoas creamos este novo servizo.
Acompáñote é un teléfono gratuíto ao que chamar para conversar sobre gustos, afeccións ou sobre todo aquilo que poida facernos máis levadío o día a día. Non é un teléfono de información sobre a pandemia nin de emerxencias. Só é un teléfono para ter a un amigo ou unha amiga con quen falar un pouco das cousas que nos fan sorrir.
Nos próximos días activarase este servizo e só con chamar ao 900 920 500 gozarás dun intre de entretemento e desconexión no que poder esquecer o momento polo que estamos a pasar.
Moito ánimo e lembrade que podemos axudarvos a soportar mellor estes días.
#quedanacasa
#estamosconvós
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible