Concello da Coruña

Concello da Coruña

Proceso participativo parque de Bens

Un proceso participativo posto en marcha dentro do marco de "A Porta Aberta" co obxectivo de afianzar os usos actuais do Parque de Bens e promover o debate sobre a súa posible ampliación, a partir dos intereses e das necesidades da veciñanza, e sempre dentro dos criterios de conservación.

O parque de Bens constitúe unha das grandes áreas verdes da cidade. De ampla extensión e aberto ao mar, ofrécenos grazas á súa orografía e vexetación, zonas con características moi diferentes que posibilitan usos moi diversos.  A el podemos ir facer deporte nunha contorna natural, ir gozar das vistas ao mar, na procura dun lugar tranquilo onde ler á sombra no verán, pasear a nosa mascota ou ir de excusión co colexio e pasalo ben aprendendo na natureza.

Pero non somos as persoas as únicas usuarias deste espazo. No parque tamén viven, aliméntanse, e buscan acubillo moitas especies de animais, algunhas delas que só as podemos atopar na cidade no Parque de Bens. Esta é a beleza e a singularidade deste espazo. A mestura de persoas e natureza, de paisaxes e usos diversos, e todo en harmonía, fai que este parque sexa tan especial.

Por iso, para pensar este espazo e as novas actuacións necesarias nel, cumpría contar coa participación de moitos actores sociais diferentes e xerar os momentos para que a diversidade de miradas sobre o parque se atopasen, se coñecesen e xuntas xerasen o novo Parque de Bens que desexamos. ​

Aquí podes consultar a zonificación resultante do proceso participativo, que xorde, como non podía ser doutro xeito e en concordancia coa esencia deste lugar, da sabedoría colectiva que proporciona a diversidade e que garante a pluralidade de usos en contacto e respecto pola natureza. 

>> MAPAS PARA O PROCESO DE ZONIFICACIÓN E USOS DO PARQUE DE BENS SOBRE OS RESULTADOS DO PROCESO PARTICIPATIVO (acceso á información)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión