14 de marzo de 2019
A exposición, que se abrirá ao público este venres ás 18.00 horas, poderase visitar até o 15 de abril no Fórum Metropolitano
A sala municipal de exposicións Plataforma14, que se atopa no Fórum Metropolitano, acollerá desde o vindeiro venres 15 e até o luns 15 de abril a exposición I+dentidade, unha escolma de traballos realizados polo alumnado do primeiro curso do ciclo superior de Ilustración da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso e na que se aborda o concepto da identidade. Trátase da primeira exposición colectiva do grupo, que achega máis de 50 obras realizadas mediante diversas técnicas artísticas, como a pintura, a ilustración dixital ou o collage, entre outras. A través de cada peza, o alumnado pretende desenvolver, desde un punto de vista subxectivo, o concepto de identidade coa finalidade de xerar preguntas, arredor da mesma, no público espectador.
A sala Plataforma14, dependente da Concellería de Participación e Innovación Democrática e coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), pretende achegar á cidadanía a creación realizada polas e polos artistas emerxentes da Coruña. Toda a información sobre este espazo pódese atopar no seu web.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible