Aberta a recepción de propostas para a nova edición de Nocturnia
Para público en general
Desde el 14/01/2019 hasta el 24/01/2019
Ya ha finalizado
Do 14 ao 24 de xaneiro do 2019 ábrese un novo período no que asociacións, colectivos informais, entidades e público en xeral poderán enviar proxectos e propostas para participar na elaboración e deseño do programa de primavera de Nocturnia, de febreiro a xullo de 2019, xerando así un proxecto global de participación xuvenil.
Os proxectos ou propostas presentadas artellan os 4 eixes nos que xira o programa (ámbito físico-deportivo, o artístico-cultural, o formativo-tecnolóxico e o lúdico-recreativo), sendo estes flexibles e variables segundo as propostas de cada edición e abertos a todas as propostas innovadoras que teñades.
TEDES UN PROXECTO OU UNHA IDEA PARA NOCTURNIA?
Enviade a vosa proposta a nocturniacoruna@gmail.com, coa seguinte información:
Datos de contacto:
Descrición da proposta:
Orzamento:
Se tedes algunha pregunta sobre o proceso de envío, podedes poñervos en contacto co programa a través do correo electrónico nocturniacoruna@gmail.com
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible