Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Pacto local polo emprego

O Pacto Local polo Emprego ten como obxectivo promover a cooperación dos axentes locais -administración local, axentes sociais e económicos e outras entidades- no deseño e coordinación de accións en favor do emprego.

Trátase dun piar fundamental do proxecto e unha estratexia clave para a consecución dos obxectivos de organización e mellora das políticas activas de emprego. Preténdese así mobilizar todos os recursos dispoñibles na cidade, para conseguir unha maior coordinación das medidas a favor do emprego.

O Pacto Local polo Emprego posibilitou a creación dunha Rede de apoio á demanda de emprego na cidade da Coruña, denominada Rede Coruña Emprega, configurada polas principais entidades públicas e privadas do territorio, baseada no compromiso, a concertación, o benestar social, a innovación e a calidade.

A concertación do Pacto Local polo Emprego na cidade da Coruña implica a posta en marcha de medidas integrais, accións e proxectos que promoven e favorecen a creación de emprego estable e desenvolvemento sostible, establecendo como marco de referencia o Plan de Acción do Pacto Local polo Emprego.

Plan de acción do Pacto Local polo Emprego (2 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión