AEIM
Telemático, Presencial
Descarga e envío do formulario
Axudas, becas e subvencións
Educación
Si
Mediante este trámite presentaranse as solicitudes de inscrición nas Escolas Infantís Municipais para o curso 2026-2027 (BOP Nº 45 - 09 de marzo de 2026) e convocatorias extraordinarias adicionais
Admisión nas Escolas Infantís Municipais
Dende o 16/03/2026 ata o 30/03/2026
Unidades familiares con fillas ou fillos en idade de se inscribir nas Escolas Infantís Municipais por primeira vez.
NOVIDADES CONVOCATORIA 2026-2027
Xérase unha lista de espera única cando finalice o procedemento de matriculación na REIM previsto ata o 10 de xullo
Ofreceranse as vacantes que se produza na REIM de acordo á súa franxa de idade, puntuación ,letra de sorteo ( Os criterios regulados na xestión da lista de espera) ,ás persoas que se atopan nas listas de espera xerada no proceso ordinario de solicitude
Posibilítase a opción de entrada de solicitudes fose do período ordinario de solicitude de situacións excepcionais, aquelas que debidamente acreditadas xustifiquen unha situación de urxencia social, traslado á cidade fóra de prazo ou outras que serán valoradas polo Servizo municipal de educación e a condición de que as persoas en situación de lista de espera non optasen a esa vacante e existisen vacantes dispoñibles.
VACANTES PROCESO ORDINARIO. REIM. CURSO 2026-2027
Escola | 0-1 anos (2026) | 1-2 anos (2025) | 2-3 anos (2024) | Total vacantes |
ARELA | 16 | 23 | 22 | 61 |
MONTE ALTO | 8 | 13 | 23 | 44 |
CATIVOS | 16 | 10 | 19 | 45 |
LUÍS SEOANE | 8 | 29 | 20 | 57 |
CARACOLA | 16 | 10 | 14 | 40 |
CARRICANTA | 16 | 23 | 21 | 60 |
ROSALES | 24 | 16 | 22 | 62 |
AGRA DO ORZÁN | 16 | 10 | 17 | 43 |
Total | 120 | 134 | 158 | 412 |
DOCUMENTACIÓN XERAL
PREFERENTE
BAREMACION
Documentos relacionados
Deberá dispoñer de certificado dixital.
Unha vez que se cubra a solicitude telemática, debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a instalación que solicita, segundo está especificado no apartado "Documentación necesaria" e entre os que deberá figurar inexcusablemente o xustificante de preinscrición en liña asinado polas persoas proxenitoras obtido en coruna.gal/educacion.
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da sede electrónica:
a) As persoas xurídicas
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da dita actividade profesional. En todo o caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos as e os notarios e as e os rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a unha persoa interesada que estea obrigada a relacionarse electronicamente coa Administración.
CALENDARIO
| TRÁMITE | DATA/PRAZO |
Renovación praza | Do 9 ao 12 de marzo |
Traslado de praza | Do 9 ao 12 de marzo |
Publicación prazas vacantes curso 2026/2027 | 13 de marzo |
Pre inscrición en liña e solicitude por rexistro | Do 16 ao 30 de marzo |
Publicación dás solicitudes presentadas | 4 de maio |
Prazo de alegacións e emenda contra listaxe solicitudes | Do 5 ao 18 de maio |
Resolución provisional | 8 de xuño |
Alegacións | Do 9 ao 22 de xuño |
Resolución definitiva | 30 de xuño |
Matrícula | Do 1 ao 10 de xullo |
Outras versións
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible