Concello da Coruña

Concello da Coruña

SOL

Expedientes de soares

Canles:

Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga do formulario

Tipo:

Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións, Rexistros e censos

Materia:

Urbanismo e infraestruturas, Medio ambiente

Órgano responsable:

Medio Ambiente, Sanidade, Cemiterios, Parques e Xardíns

Vixente:

Si

As persoas titulares dos terreos teñen a obriga de mantelos en condicións de funcionalidade, seguridade, ornato público e habitabilidade segundo o seu destino, de conformidade co previsto na lexislación vixente.

A través deste procedemento requíreselles ás persoas titulares dos terreos e soares situados no termo municipal para que realicen as actuacións necesarias para mantelos nas condicións sinaladas na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Expedientes de solares

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

  • A efectos deste procedemento, e sen prexuízo do que poida resultar do Rexistro da propiedade, a ordenanza municipal de xestión de residuos municipais e limpeza viaria do Concello da Coruña considera propietarios a quen apareza como titulares catastrais dos terreos.
  • Calquera veciño pode denunciar a existencia de solares que non cumpran o disposto na normativa vixente.

Requisitos:

Consultar requisitos específicos no apartado: ¿A quen vai dirixido?

Prezo / Custo:

Ningún.

Órgano que resolve:

Titular da Concellería Delegada de Medio Ambiente e Sustentabilidade.

Máis información:

No caso de que o expediente iníciese por denuncia dun particular, o denunciante terá que indicar a localización exacta do solar e os motivos polo que presenta a súa denuncia.

Presentación

Prazo de presentación:

Sen prazo.

Documentación necesaria:

  • Solicitude xeral.

Documentos relacionados

  • mod 001 solicitude xeral (65 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Cubrir o impreso de solicitude dirixido ao Servizo de Medio Ambiente e demais documentación que se indica na apartado Documentación necesaria.

Nas Oficinas de rexistro municipais estará dispoñible o formulario de solicitude específico, que tamén se pode descargar desde esta páxina.

Tamén poderán remitirse mediante as demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Como se fai?:

  • As alegacións e escritos que se dirixan ao Servizo de Medio Ambiente, en relación cun expediente de solares poderanse presentar por calquera medio dos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro.
  • As denuncias relativas a solares que incumpran a lexislación autonómica de prevención de solares poderanse presentar, así mesmo, a través do portal de suxestións e reclamacións existente no Concello da Coruña.

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital .

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar na solicitude, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Tres meses.

Sentido do silencio administrativo:

Negativo.

E despois?:

Contra a Resolución que se dite poderanse interpoñer os seguintes recursos:

  • Recurso potestativo de Reposición.
  • Recurso contencioso - administrativo

Outras versións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión