Concello da Coruña

Concello da Coruña

Contacontos: "Unha árbore de Nadal"

Co contacontos "Unha árbore de Nadal" celebraremos o Nadal a través da historia dunha xigantesca árbore do Nadal.

A quen vai dirixido?:

Menores con idades comprendidas entre os 3 e 8 anos.

Cando:

23/12/2013

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 02/12/2013 ata o 20/12/2013

Horario:

18.00-19.00 h.

Enderezo:

Centro Cívico Castrillón. Praza Pablo Iglesias s/n. 15009 A Coruña

Prezo:

Gratuíto.

Requisitos:

Para participar neste contacontos é necesario que os/as menores nacesen entre os anos 2005 e 2010.

Terase que formalizar o proceso de inscrición previa no Centro Cívico de Castrillón, dende o 2 ata do 20 de decembro, por orde de chegada. 

Durante o desenvolvemento do contacontos os/as menores deberán permanecer acompañados dunha persoa adulta responsable deles.

Organiza:

Centro Cívico de Castrillón

O conto, dirixido a menores de entre 3 e 8 anos, trasládanos a un pobo moi especial no que para celebrar o Nadal colócase na praza unha árbore xigantesca.

Achegarémonos ao Nadal a través deste máxico conto.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión