Concello da Coruña

Concello da Coruña
Traballadora social atendendo a unha persoa

Servizos sociais comunitarios básicos

Teñen carácter local e son a porta de acceso ao sistema de servizos sociais, garantindo a proximidade ás persoas, familias e ao ámbito comunitario. Desenvólvense desde os centros de servizos sociais, mediante equipos e/ou persoal especializado.

Servicios sociales comunitarios básicos

centro cívico

Servizos sociais comunitarios específicos

Desenvolven programas e xestionan centros orientados a colectivos con problemáticas identificadas e singulares, procurando a súa normalización e reincorporación social ou como espazo de tránsito a un servizo especializado.

Servicios sociales comunitarios específicos

Logotipo do Fondo Social Europeo

Fondo Social Europeo

Os servizos sociais comunitarios do Concello da Coruña, co financiamento das subvencións concedidas ao amparo da Orde 30 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades locais para programas de inclusión social para os anos 2025 a 2027, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e procédese á súa convocatoria, publicada no DOG 157 do día 19/08/2025, desenvolven os seguintes programas de inclusión social:

  • Programa de inclusión social de persoas en situación ou risco de exclusión social: prestacións de inclusión básica e transición ao emprego.
  • Programa de inclusión social de persoas sen fogar: prestacións de inclusión básica e apoio á inclusión residencial.
  • Programa complementario de educación e apoio familiar.
  • Programa de inclusión social da comunidade xitana: Inclusión básica, reforzo educativo e apoio á inclusión residencial.

O obxectivo principal destes programas e prestacións é fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, mellorar a empleabilidad, en particular para os colectivos desfavorecidos.

O resultado que se pretende alcanzar é mellorar a inclusión socio laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social.

  • Programa de inclusión social das persoas inmigrantes: prestación de asesoramento técnico xurídico e transición ao emprego.

O obxectivo principal desta axuda é promover a integración socioeconómica da poboación inmigrante. O resultado que se pretende alcanzar é mellorar a inclusión sociolaboral deste colectivo a través da inclusión sociolaboral.

Estes programas responden á obxectivo "Inclusión social e loita contra a pobreza" e, a través das subvencións antes citadas, realízanse accións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Fondo Social Europeo

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión