Hai dúas grandes convocatorias anuais para inscribirse nas actividades periódicas, que coinciden ao redor dos meses de xaneiro e setembro. Estas actividades son as mesmas durante varios meses e co mesmo alumnado. Algunhas son gratuítas e outras teñen un prezo moi alcanzable.
Existen outras actividades cuxa programación é puntual ao longo do ano. Non teñen unha data fixa para anotarse e realízanse en calquera momento; aínda que algunhas adoitan coincidir con festividades ou conmemoracións sinaladas. Poden ser gratuítas ou de pago.
Outra modalidade son os clubs de actividades, os cales son dirixidos por persoal voluntario e repítense de ano en ano coas mesmas persoas. Son gratuítos e en ocasións quedan prazas vacantes, que se ofrecen nas convocatorias anuais.
Tamén se fan actividades para menores e mocidade en períodos especiais non lectivos como verán, Nadal ou Semana Santa.
Consulta a programación de actividades do teu centro cívico e as normas xerais para participares nelas.
Sen resultados.
En espazodiverso@coruna.gal ou no teléfono 981189889
O grupo é un espazo seguro e de encontro que funciona como instrumento de orientación, como soporte emocional, e para favorecer o apoderamento das persoas usuarias. As reunións son quincenais e para unirte contacta por teléfono ou por e-mail.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible