Concello da Coruña

Concello da Coruña

Consello Local de Inclusión Social

O Consello Local de Inclusión Social é un espazo de participación, debate e traballo en rede coas entidades do sector.

É un órgano de participación para a cidadanía a través das entidades do terceiro sector, que ten un carácter consultivo. Trátase dun espazo de participación, de debate e de traballo en rede, que ten a función de recoller as experiencias das entidades, as cales achegan o coñecemento da realidade social desde a proximidade e o traballo diario. É tamén un espazo de estudo de iniciativas. A súa creación incluíuse na Ordenanza reguladora da Renda Social Municipal.

Constitución do Consello Social de Inclusión Social o 15 de maio do 2018

Ten entre os seus obxectivos os de colaborar no deseño das políticas municipais de inclusión, propoñer iniciativas específicas e crear grupos de traballo sobre diferentes realidades, que xeren conclusións que axuden na toma de decisións, así como a achega de propostas para o gasto orzamentario. As opinións e propostas do Consello remitiránselles aos órganos de Goberno municipal co obxectivo de optimizar os recursos e os programas do Concello en materia social.

No Consello Local de Inclusión Social poden participar, logo da previa solicitude, todas as entidades que desenvolvan o seu labor no ámbito da inclusión social e que cumpran cos requisitos establecidos nas bases do Regulamento do Consello. a Concellería de Xustiza Social e Coidados dirixiu invitacións para a súa inclusión neste novo órgano a todas as entidades cidadás relacionadas coa inclusión social, que figuran inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións Coruñesas (REMAC).

A primeira reunión do Consello, onde tivo lugar o seu acto de constitución, realizouse o día 15 de maio de 2018 e nela participaron 25 entidades do sector, sindicatos e grupos con representación na corporación. A continuación aparecen as ligazóns con información das entidades.

En definitiva, trátase de poñer en marcha unha Mesa de Diálogo Civil para construír unha cidade máis próxima, tecendo redes onde a sustentabilidade social e as relacións humanas sexan o piar da política social municipal.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión