Concello da Coruña

Concello da Coruña

Visita aos Reais Arsenais da Armada en Ferrol

Inscrición para a excursión a Ferrol e realizar unha visita guiada aos Arsenais, visitando o gran salón porticado de poñente da Sala de Armas e máis...

A quen vai dirixido?:

Interxeracional.

Cando:

31/10/2014

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 13/10/2014 ata o 15/10/2014

Horario:

de 9.55 a 19.00 h.

Enderezo:

Centro Cívico A Silva. Rúa Abenela (Lugar Silva de Abajo) s/n. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíta.

Requisitos:

Inscrición previa na conserxería do centro cívico.

Prazas outorgadas por orde de chegada. (Na inscrición é obrigatorio recoller o nome, apelidos e DNI das persoas para que poidan acceder ao Arsenal).

O autobús e as entradas ao Museo Naval e aos Arsenais son gratuítas para as persoas participantes.

A comida non está incluída e corre a cargo de cada participante.

Organiza:

C.C. A Silva

11.00 h. Chegada e panorámica pasando pola Ponte das Pías, Caranza, Esteiro, Cuartel de Infantería de Mariña, Cantóns de Molíns.

Parada para café en Cantóns de Molíns.

12.00 h. Visita ao Museo Naval.

13.00-14.00 h. Entrada aos Arsenais visitando o gran salón porticado de poñente da Sala de Armas, a Cortina cos seus canóns do XVIII, a punta do Martillo, o Puerto Chico e o dique seco San Julián, unha das maiores obras da enxeñería española do século XIX.

14.00 h. Tempo libre para a comida.

16.00 h. Desprazamento á praia de Santa Comba, lugar de arranque da ruta dos romeiros a Teixido, en pleno Atlántico.

17.30 h. Parada para café en Pontedeume.

19.00 h. Chegada á Coruña.

Inscrición na conserxería do centro cívico en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 h.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión