Concello da Coruña

Concello da Coruña

Asociación Galega para a saúde sexual (AGASEX)

Enderezo:

Rúa Ángel Rebollo 6, 3º. 15002 A Coruña

Teléfono:

881 916 869

Servizos:

Trastornos de Alimentación desde unha Perspectiva de Xénero.

VIH e Muller.

Talleres para nais e pais.

Mediadores xuvenís.

Educación Afectivo-Sexual para ESO e Bacharelato.

Educación Afectivo Sexual para Primaria. Igualdade de Xénero na pre-adolescencia.

Violencia de Xénero.

Orientacións sexuais.

Homofobia.

Persoas con discapacidade mental leve.

Horario:

De luns a venres, de 10:00 h a 14:00 h

Persoas beneficiarias

Mulleres, novas, menores en risco social, persoas inmigrantes, colectivos LGTB, persoas con algún tipo de discapacidade e sociedade en xeral.

Obxectivos e fins

  • Defender a Igualdade, os Dereitos Sexuais e Reprodutivos de todos os individuos e/ou colectivos nun clima de liberdade, respecto e aceptación á orientación sexual de cada un, permitindo así gozar libremente da sexualidade e da afectividade.
  • Brindar atención directa e de calidade mediante consultas e asesorías telefónicas (en colaboración co Centro Xove de Anticoncepción e Sexualidade) e tamén desde o noso correo electrónico e desde as nosas intervencións socioeducativas.
  • Capacitar tanto en Educación Sexual como en Igualdade a colectivos de pais e nais, orientadoras/é, educadoras/é, mediadores xuvenís, asociacións...
  • Concienciar para previr a transmisión e extensión do VIH/sida.
  • Campañas para a prevención de embarazos non desexados en mulleres novas.
  • Sensibilizar e concienciar á opinión pública galega.

Ámbito de actuación

Local, provincial e autonómico.

Recursos

  • Local, onde dispoñen dunha sala para documentación e reunións.
  • As actividades son externas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión