Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de maio de 2026

Publicados os números dos sorteos para os campamentos urbanos, de día e de pasa a noite

Publicáronse os números dos sorteos dos campamentos urbanos, de día e de pasa a noite.

O Concello da Coruña publicou hoxe os números dos sorteos dos campamentos urbanos, de día e de pasa a noite. Pódense consultar a través da páxina coruna.gal/campamentos2026.

Seguidamente, o día 1 de xuño se piublicarán as listas definitivas de persoas admitidas

Datas importantes a ter en conta:

  • Publicación de listaxes provisionais: 15 de maio.
  • Prazo de presentación de reclamacións: 18 e 19 de maio.
  • Sorteo de prazas: 21 de maio.
  • Publicación de listaxes de admitidos/as: 1 de xuño.
  • Prazo para realizar a inscrición e o pago: 2, 3, 4 e 5 de xuño.
  • Publicación de lista de espera: a partir do 10 de xuño.

Toda a información está dispoñible na web municipal, en coruna.gal/campamentos2026 , onde as familias poden consultar as condicións específicas de cada modalidade, idades, quendas, horarios, cotas, servizos dispoñibles e espazos de realización.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión