Coñece a novela "Marea morta" de Ana Lojo Chan e o seu novo poemario, "5".
Personas adultas, Juvenil
24/11/2023
Ya ha finalizado
Entrada libre ata completar a capacidade.
19.00 horas.
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
Correo electrónico: bagora@coruna.gal
Teléfono: 981 189 886
Ana Lojo, mestra de inglés de Infantil e Primaria presenta na Biblioteca Ágora a súa novela "Marea morta" (Europa Ediciones, 2022), obra editada en España, Reino Unido, Italia e Alemaña en formato impreso e ata en quince países en formato dixital.
No evento, que terá lugar na sala de adultos da Biblioteca Ágora o venres 24 de novembro ás 19.00 horas, dará a coñecer tamén o seu libro de poemas "5" recentemente publicado en Europa Ediciones.
Sobre Ana Lojo Chan
Nada en Galicia, 1978. Mestra de inglés de Infantil e Primaria, comezou escribindo contos para o seu alumnado. Este hobby derivou en proxectos máis ambiciosos que enxalzan a sabedoría popular e a importancia da mestura de culturas.
O seu obxectivo era que tanto a súa filla como seu fillo recordaran aspectos relevantes da localidade na que se criaron e así foi que creou unha historia para que toda a información, recompilada tras anos de investigación de campo, resultase amena e entretida.
O seu tempo libre pásao lendo, escribindo ou facendo deporte. Non obstante, a súa verdadeira paixón é viaxar. Viviu unha tempada en Edimburgo e varias semanas en Canadá, Finlandia, o sur de Inglaterra e Irlanda. Ditas experiencias aportáronlle riqueza tanto no ámbito persoal como no profesional.
Máis información: unha charla con Ana Lojo Chan na páxina web de Europa Ediciones.
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible