Concello da Coruña

Concello da Coruña

Solicitude de axudas económicas municipais de emerxencia social AES

En que consiste?:

É unha prestación periódica destinada a garantir recursos económicos de subsistencia ás persoas que carezan deles, mediante un proxecto personalizado de inserción formado por un conxunto de accións que melloren a integración persoal, familiar, social ou laboral.

A quen vai dirixido?:

Poboación xeral

Requisitos

  • Ter unha idade comprendida entre 25 e 65 anos, excepto:
    • Menores desta idade que reúnan o resto de requisitos e que teñan menores a cargo.
    • Maiores de 18 anos que teñan recoñecida a condición de minusvalía e non teñan dereito a prestación ou axuda de igual ou análoga natureza.
    • Maiores de 18 anos, que antes de acadar a maioría de idade, estivesen tuteladas pola Xunta de Galicia e internadas en centros de protección de menores ou en acollemento familiar.
    • Maiores de 18 anos, que reúnan o resto de requisitos, e estean en situación de orfandade absoluta e sen dereito a outras prestacións ou axudas de similar natureza.
  • Estar empadroado/a ou ter residencia efectiva en calquera concello da Comunidade Autónoma de Galicia polo menos durante 1 ano inmediatamente anterior á presentación da solicitude (excepto mulleres vítimas de violencia de xénero, emigrantes galegos retornados sempre que fixen a súa residencia en Galicia, cidadáns/ás doutros estados non membros da Unión Europea, que ademais necesitarán acreditar a súa residencia legal en España no momento de presentar a solicitude de RISGA.
  • Ter constituída unha unidade de convivencia independente vinculada economicamente á persoa solicitante.
  • Dispoñer de recursos económicos inferiores á contía económica da RISGA que se é o caso lle corresponda.
  • Que non existan persoas legalmente obrigadas a prestar alimentos e con posibilidade real de facelo.

Organismo responsable:

Xunta

Prazo de presentación:

Todo o ano.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Solicitude
  • Copia compulsada do DNI da persoa solicitante e do resto de persoas integrantes da unidade familiar de convivencia.
  • Copia do libro de familia, se é o caso.
  • Copia compulsada do recibo do imposto sobre bens inmobles da vivenda propia, se é o caso.
  • Xustificación documental que proceda no caso de ser titular doutros bens mobles e inmobles.
  • Copia compulsada do certificado de discapacidade no caso de que a persoa solicitante ou calquera dos membros da unidade de convivencia teña a condición de persoa con discapacidade.
  • No caso de ser vítima de violencia de xénero que cambia o seu domicilio por motivos de seguridade deberá presentar solicitude de orde de protección.
  • No caso de persoas cidadás procedentes doutros estados deberán presentar copia do pasaporte ou DNI en vigor e copia da Tarxeta de Identidade de Estranxeiros, cando estean obrigados/as a telo. No caso de persoas cidadás de estados non membros da Unión Europea, Espazo Económico Europeo ou Confederación Suíza deberán presentar, en todo caso, copia compulsada da Tarxeta de Identidade de Estranxeiros ou da resolución de concesión do permiso de residencia.
  • No caso de persoas cidadás procedentes doutras CC.AA. do estado español que sexan beneficiarias do salario social das CC.AA. da que proceden, deberán presentar copia compulsada da resolución de concesión.
  • No caso de persoas emigrantes, que fixasen a súa residencia no territorio da CC.AA. Galega, deberán presentar copia compulsada da baixa consular e acreditación documental da súa última veciñanza administrativa, anterior á emigración, en calquera dos concellos da CC.AA.
  • No caso de persoas maiores de 18 anos en situación de orfandade absoluta deberán acreditar a súa situación.
  • No caso de que a persoa solicitante estivese empadroada durante o ano inmediatamente anterior nun ou varios concellos das CC.AA. Galega distintos a aquel no que tramitase a súa solicitude, deberá presentar os certificados de empadroamento que procedan.
  • Se é o caso, acreditación de ingresos de todas as persoas conviventes (IRPF, nómina, etc.)

Como se fai?:

Nas unidades municipais de atención social: unidade de Catro Camiños, unidade de Monte alto, unidade de Ágora e unidade de Palavea.

Internet

Teléfono

Máis información:

É necesaria unha valoración técnica e unha proposta da traballadora social.

Documentos relacionados

  • Impreso de solicitude xeral (80 KB)

Noticias

Prestacións

Subscrición ao boletín de actividades

Novidades

Novidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión