Concello da Coruña

Concello da Coruña

Solicitude de inicio da prestación dos Servizos de Axuda a Domicilio (SAD) - Dependencia

En que consiste?:

Solicitude para ser beneficiario do Servizo de Axuda a Domicilio (SAD) do Sistema de Atención á Dependencia e Promoción da Autonomía Persoal.

A solicitude de inicio da prestación de servizos do Servizo de Axuda a Domicilio (SAD) Dependencia debe ir ligada á solicitude previa de recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia en Galicia, onde se debe especificar o recurso desexado.

A quen vai dirixido?:

Persoas recoñecidas como dependentes que presenten dificultades para a realización de determinadas tarefas de carácter persoal ou doméstico e que teñan recoñecido o dereito a este servizo polo Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia.

Organismo responsable:

Xunta

Prazo de presentación:

Durante todo o ano.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Ter recoñecido o Grao de Dependencia polo Sistema de Atención á Dependencia e unha resolución de concesión desta prestación.

Unha valoración técnica previa á alta/inicio do servizo que será realizada polo persoal técnico da OMADAP.

Como se fai?:

Tramítase a valoración de grao de dependencia e solicítase como recurso desexado esta prestación.

(Ver prestación denominada "Xestión de recursos e prestacións sociais en materia de dependencia").

Internet

Teléfono

Máis información:

É imprescindible unha valoración técnica para a súa tramitación.

Documentos relacionados

  • Recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema (1 MB)

Noticias

Prestacións

Subscrición ao boletín de actividades

Novidades

Novidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión