Concello da Coruña

Concello da Coruña

Solicitude Talón Restaurante Municipal

En que consiste?:

Prestación económica mediante a cal as persoas beneficiarias do programa, obteñen un talonario mensual de entre 10 e 25 talóns, cun valor de 4,24 € ou de 5,80 € segundo a súa capacidade económica. Abonarán en metálico a cantidade restante para completar o prezo do menú naqueles establecementos hostaleiros adheridos ao programa.

    Organismo responsable:

    Ayuntamiento

    Prazo de presentación:

    Durante todo o ano

    Canles de presentación

    Presencial

    Que se necesita?:

    • Solicitude debidamente cuberta
    • Fotocopia do DNI, pasaporte ou NIE en caso de persoas estranxeiras, da persoa solicitante e de todos os membros da unidade de convivencia computables para os efectos de capacidade económica.
    • Documentación acreditativa de ingresos:
      • Certificado de pensións (expedido polo INSS ou pola entidade da que proceda), prestacións, nómina da persoa solicitante e membros da unidade de convivencia computables para os efectos de capacidade económica.
      • Fotocopia da declaración da renda ou certificado negativo dela expedido pola Axencia Tributaria do último exercicio económico, da persoa solicitante e membros da unidade de convivencia computables para os efectos do cálculo de capacidade económica. Poderase substituír pola autorización asinada que consta na solicitude, a favor do Concello da Coruña para realizar as comprobacións oportunas.
    • En caso de contar con ingresos non acreditables, declaración responsable de ingresos (pensións do estranxeiro etc.)

    Internet

    Certificado dixital:

    No

    Teléfono

    Máis información:

    Documentos relacionados

    • Solicitude de servizos maiores, dependencia e discapacidade (269 KB)

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión