2 de xullo de 2026
Os traballos comezaron onte no treito da avenida de Oza entre rúa Buenavista a e avenida da Pasaxe
A primeira fase do Plan de Barrios 2025-27, impulsado polo Concello, avanza agora cara ao barrio dos Castros e Casablanca, onde onte comezaron as obras de mellora previstas na avenida de Oza. Máis concretamente, na intersección entre rúa Buenavista e a avenida da Pasaxe.
Neste treito, e a instancias das solicitudes veciñais, está previsto renovar o pavimento das beirarrúas na beira máis próxima aos bloques residenciais de Casablanca, reforzando así a seguridade peonil e, de paso, dándolle a este percorrido unha sintonía estética con respecto á beira que linda coa senda do oleoducto, xa remodelada e urbanizada polo Goberno de municipal anos atrás.
A alcaldesa, Inés Rey, informou hoxe da posta en marcha desta nova intervención na contorna de Casablanca, que xa será visible sobre o terreo nos vindeiros días e que permite ao Executivo local dar un paso máis no cumprimento dos seus compromisos coa veciñanza da zona, onde a finais do ano pasado tamén se completou a renovación do firme da calzada na contorna de José Echegaray.
"Imos, paso a paso, dando resposta ás necesidades e demandas das veciñas e veciños de cada distrito da cidade. A nosa filosofía é que o Concello teña sempre as súas portas abertas, que haxa unha canle de comunicación permanente coas asociacións para axilizar cuestións que poden mellorar a vida cotiá das coruñesas e coruñeses. E así o seguiremos facendo", expresou Rey.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible