Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

(NOTA: advírtese de que a información facilitada refírese á normativa en vigor. Actualmente está en tramitación a aprobación dunha nova ordenanza que modificará substancialmente o aquí informado).

Desde o Servizo de Vivenda e Rehabilitación promóvense actuacións que incentiven a rexeneración urbana e do patrimonio existente na cidade da Coruña. Así mesmo, na súa actividade de fomento, promóvense subvencións para rehabilitar e conservar os inmobles, así como para fomentar a accesibilidade vertical.

1.º - QUE ACTUACIÓNS SON SUBVENCIONABLES?

O art. 93 do Texto refundido da Ordenanza de conservación e rehabilitación de inmobles establece unha serie de actuacións subvencionables que son:

  • Rehabilitación para elementos comúns en inmobles con máis de 50 anos que non fosen obxecto de rehabilitación integral nese período.
  • Obras dirixidas á adecuación urbanística previstas polo plan xeral ou especial que o desenvolva, así como corrección daqueles elementos construtivos que estean fóra de ordenanza.
  • Obras que se deban executar como consecuencia do Informe de avaliación de edificios.
  • Obras de accesibilidade en inmobles ou vivendas.
  • Instalación de ascensores ou adaptación á normativa vixente.
  • Obras para a mellora da eficiencia enerxética.
  • Obras de soterramento de cableado exterior.
  • Obras de conservación da habitabilidade en elementos privativos en edificios con máis de 50 anos.

2.º - QUEN PODE PEDIR SUBVENCIÓN?

Poderán pedir subvención para as obras en elementos comúns, ascensores, soterramento de cableado ou mellora da eficiencia enerxética as comunidades de propietarios ou as propias persoas propietarias, sobre o orzamento correspondente á súa cota de participación no inmoble, con autorización de todas as demais.

En obras de habitabilidade de vivendas ou en vivendas unifamiliares poderán solicitalos as persoas propietarias ou ocupantes con autorización daquelas.

3.º - QUE CARACTERÍSTICAS TEÑEN QUE TER OS INMOBLES?

É condición indispensable para poder solicitar subvención para elementos comúns que o inmoble cumpra cos requisitos establecidos no art. 87 do Texto refundido da Ordenanza de conservación e rehabilitación de inmobles.

4.º - CAL É A CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS?

- OBRAS EN ELEMENTOS COMÚNS, ADECUACIÓN URBANÍSTICA, OBRAS COMO CONSECUENCIA DE IEE, OBRAS DE ACCESIBILIDADE, SOTERRAMENTO DE CABLEADO E MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA:

  • En inmobles localizados no Plan especial de protección e reforma interior da Cidade Vella e Pescaría (en diante PEPRI), ou calquera outro ámbito dentro deste plan especificamente delimitado na convocatoria, e nos inmobles incluídos nos núcleos tradicionais, cuxo ámbito está delimitado no planeamento urbanístico:
    • En inmobles catalogados:
      • O 50% do orzamento protexido cun límite por vivenda de 12.000 € e de 15.000 € no caso das vivendas unifamiliares.
    • En inmobles non catalogados:
      • O 30 % do orzamento protexido cun límite por vivenda de 9.000 € e de 12.000 € no caso de vivendas unifamiliares.
  • En obras necesarias para o soterramento de cableado exterior no inmoble o 50 % do orzamento protexido cun límite por vivenda de 3.000 € e de 6.000 € no caso de vivendas unifamiliares.
  • Nas obras de instalación ou adaptación de ascensores á normativa vixente, e calquera outra obra de mellora da accesibilidade:
    • Cando no inmoble resida habitualmente unha persoa con discapacidade que implica problemas de mobilidade ou maior de 70 anos:
      • O 50% cun máximo de 6.000 € por vivenda e de 9.000 € no caso de vivendas unifamiliares.
    • Nos demais casos:
      • O 30% cun máximo de 6.000 € por vivenda e de 9.000 € no caso de vivendas unifamiliares.
  • Nas obras de mellora da eficiencia enerxética o 30% cun máximo de 6.000 € por vivenda e de 9.000 € no caso de vivendas unifamiliares.
  • Para o resto de obras en elementos comúns:
    • En inmobles catalogados:
      • O 50% do orzamento protexido cun máximo de 9.000 € por vivenda ou de 12.000 € no caso de vivendas unifamiliares.
    • Sen catalogación
      • O 30 % do orzamento protexido cun máximo de 6.000 € por vivenda ou de 9.000 € no caso de vivendas unifamiliares.

As persoas solicitantes/beneficiarias cuxos ingresos familiares anuais non excedan nos seguintes límites do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (en diante IPREM) poderán incrementar a porcentaxe correspondente ata cun 30% máis segundo os seguintes límites:

  • Se a persoa beneficiaria acredita que no cómputo da unidade familiar os seus ingresos non superan en 2 veces o IPREM, a porcentaxe increméntase ata un 30% máis.
  • Se a persoa beneficiaria acredita que no cómputo da unidade familiar os seus ingresos non superan en 3,5 veces o IPREM, a porcentaxe increméntase ata un 20% máis.
  • Se a persoa beneficiaria acredita que no cómputo da unidade familiar os seus ingresos non superan en 5 veces o IPREM, a porcentaxe increméntase ata un 10% máis.

Ao calcular o número de veces do IPREM o límite incrementarase en 1 punto por ascendente ou descendente que conviva coa persoa solicitante e en 2 puntos se conviven no domicilio persoas con declaración de discapacidade que implique dependencia.

- OBRAS DE CONSERVACIÓN DA HABITABILIDADE EN ELEMENTOS PRIVATIVOS:

  • Se a persoa beneficiaria acredita que no cómputo da unidade familiar os seus ingresos non superan en 2 veces o IPREM, a subvención para percibir é dun 40% do orzamento protexido cun máximo de 9.000 € e de 12.000 € no caso de vivendas unifamiliares.
  • Se a persoa beneficiaria acredita que no cómputo da unidade familiar os seus ingresos non superan en 3 veces o IPREM, a subvención para percibir é dun 20% do orzamento protexido cun máximo de 6.000 € e de 9.000 € no caso de vivendas unifamiliares.

Ao calcular o número de veces do IPREM o límite incrementarase en 1 punto por ascendente ou descendente que conviva coa persoa solicitante e en 2 puntos se conviven no domicilio persoas con declaración de discapacidade que implique dependencia.

- INMOBLES SITUADOS NO PEPRI OU CALQUERA OUTRO ÁMBITO DENTRO DESTE PLAN:

No caso de que o inmoble obxecto de subvención se encontre dentro do PEPRI ou en calquera outro ámbito dentro deste plan especificamente delimitado na convocatoria, e as subvención que se solicite sexa para a adecuación urbanística, obras como consecuencia do IEE, obras de accesibilidade, soterramento de cableado, mellora de eficiencia enerxética e obras de conservación de habitabilidade, os límites por vivenda serán os seguintes:

  • En inmobles catalogados o límite será de 12.000 € por vivenda e de 15.000 € no caso de vivendas unifamiliares.
  • En inmobles sen catalogación o límite será de 9.000 € por vivenda e de 12.000 € no caso de vivendas unifamiliares.

5.º - CANDO SE PODEN SOLICITAR?

Poderase solicitar cando se abra o prazo mediante convocatoria pública, da cal se dará publicidade.

As convocatorias non teñen periodicidade establecida, polo que é recomendable estar atentos ás aperturas de prazo. Para iso poden informarse directamente nas nosas dependencias de maneira presencial ou telefónica, a través da consulta no Boletín Oficial da Provincia ou a través desta web.

6.º - ONDE PODO OBTER MÁIS INFORMACIÓN?

Para ter máis información poden consultar a Ordenanza municipal de conservación e rehabilitación de inmobles que está dispoñible na web municipal.

Tamén o poden facer nas nosas dependencias situadas na planta baixa da Estación de Autobuses (rúa Caballeros, 21), no teléfono 981 184 200, a través do servizo 010 ou nesta web.

Novas

Consulta do rexistro de ITE

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión