Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Cara a unha nova orde mundial. Unha visión desde Galiza.

Rubén Cela, licenciado en Economía, especialista en Dereito Tributario e doutor en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Milita no nacionalismo desde os 16 anos. Foi membro fundador, en representación de Galiza Nova, da Free Aliance Europe Youth, organización de ámbito europeo que incorpora organizacións xuvenís de dez estados da Unión Europea. Foi director xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia (2006-2009), o responsábel local do Bloque Nacionalista Galego en Santiago de Compostela, onde se postulou para alcalde nas eleccións municipais de 2011, nas cales foi elixido concelleiro (2011-2019).

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

28/05/2026

Duración:

60 min

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Esta conferencia, como todas as actividades de "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Organiza:

Organizadora: Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

Contacto:

agra@galizacultura.gal

É membro da Executiva Nacional do BNG e preside a Fundación Galiza Sempre.

Nesta conferencia, Rubén Cela fará unha breve análise da evolución do neoliberalismo ao longo de case un século, así como as chaves interpretativas para comprender o tempo presente: un período particularmente confuso, convulso e volátil, no que conflúen unha revolución tecnolóxica e unha transformación xeopolítica de gran alcance.

Abordará como ambas dinámicas apuntan cara á configuración dunha nova orde mundial máis multipolar e multicéntrica, así como cara a cambios profundos nos modelos de produción e nas relacións sociais e laborais, impulsados polos novos avances tecnolóxicos.

Esta conferencia, como todas as actividades de "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión