Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

O doc do mes: "El secreto del doctor Grinberg" de Ida Cuéllar

Thriller trepidante sobre a desaparición de Jacobo Grinberg, especialista no estudo da telepatía e considerado para moitos como o Einstein da conciencia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

06/09/2022

Xa rematou

Horario:

20.00 h

* Pídese puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala.

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

2.50 €

(carné Xove, +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €)

*Imprescindible presentar o documento que acredite o desconto no momento de comprar a entrada en despacho de billetes e de acceder á sala na que terá lugar a proxección

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

En 1994, e en pleno clímax da súa carreira, o doutor mexicano Jacobo Grinberg desapareceu misteriosamente. As estrañas circunstancias da súa desaparición deron pé a múltiples hipóteses e teorías que contribuíron a ocultar a verdade do caso. Considerado por moitos como o Einstein da conciencia, Grinberg levou o estudo da psicofisioloxía alén dos límites da ciencia tradicional coa finalidade de achegarse ao potencial infinito do cerebro humano e demostrar os primeiros indicios da telepatía.

O director Ida Cuéllar investigou o caso durante sete anos e construíu un thriller metafísico trepidante, onde se revelan probas descoñecidas que reescriben a crónica dos últimos días antes da súa desaparición. Mergullarse no misterio do doutor Grinberg implica reflexionar sobre o misterio da existencia humana e, máis que ofrecer respostas, descubriremos como facernos mellores preguntas.

DIRECCIÓN

Ida Cuéllar

PRODUCIÓN

Carles Brugueras, Marieke van dean Bersselaar, Ida Cuéllar, Inés Massa

2020

92 min.

Cataluña e España

Castelán e inglés

Subtítulos: castelán e inglés

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: www.ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Ágora: unicamente días de espectáculo desde 1 hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión