Encontro dos grupos de teatro de educación primaria que participan nas actividades "En escena" e "Comediantes" do programa de lecer do Servizo Municipal de Educación e a Federación Provincial de ANPAS de centros públicos.
Para público en xeral
12/05/2026
A partir das 16:30 horas.
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
"Entrecontos" é un encontro de teatro entre os grupos de educación primaria que participan nas actividades "En escena" e "Comediante" do programa de lecer do Servizo Municipal de Educación e a Federación Provincial de ANPAS de centros públicos.
O obxectivo é que os pequenos actores e actrices saian da súa zona de confort para representar a súa obra, ao mesmo tempo que coñecen e comparten a experiencia con outros escolares doutros centros.
O encontro celebrarase o martes 12 de maio de 2026, a partir das 16:30 horas, no auditorio do Fórum Metropolitano.
Participarán grupos dos centros CEIP San Francisco Javier, CEIP Sal Lence, CEIP Rosalía de Castro e CEIP Víctor López Seoane.
Información a ter en conta
Documentos relacionados

Dende o 06/03/2026 ata o 06/05/2026
Prazo de presentación de proxectos: desde o 6 de marzo ata o 6 de maio de 2026.

07/05/2026

09/05/2026

Dende o 11/05/2026 ata o 13/05/2026

22/05/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible