Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Gargallada. Novas xeracións na comedia 2025-26: gala final

14 estudantes de 10 centros educativos do Concello subirán ao escenario para presentar os seus monólogos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

07/05/2026

Horario:

A partir das 17:00 horas.

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

O programa educativo Gargallada. Novas xeracións na comedia 2025-26 , que busca dinamizar o uso da lingua galega a través do humor, o formato monólogo e a expresión oral, en colaboración con humoristas profesionais, celebra a súa gala final o vindeiro xoves 7 de maio, ás 17:00 horas no auditorio do Centro sociocultural Ágora.

Tras as etapas de formación inicial (novembro-decembro), formación do proceso creativo (xaneiro) e formación de posta en escena (febreiro), a presentación dos monólogos, que han de ser en galego e ter unha duración de entre 3 e 5 minutos, levará a cabo nunha gala final na que un xurado cualificado elixirá aos/as monologuistas gañadores/as nas distintas categorías (alumnado de 1º-2º de ESO, alumnado de 3º-4º de ESO e FP básica e alumnado de bacharelato e grao medio de FP).

En total, 14 estudantes (7 de 1º e 2º de ESO, 4 de 3º e 4º de ESO e 3 de bacharelato) de 10 centros educativos do Concello da Coruña subirán ao escenario para presentar os seus monólogos, froito dun intenso proceso de aprendizaxe guiada por profesionais do humor entre 30 grupos de 752 alumnos/as.

Haberá un gañador/a por categoría, que recibirá un premio consistente en 150€. O xurado poderá propoñer outras mencións especiais, sen prestación económica, e no seu fallo poderá deixar deserto algún premio.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión