Con motivo do Día das Letras Galegas e para promover a lectura en lingua galega e o préstamo de material audiovisual, o Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coas Bibliotecas Municipais do Concello da Coruña, organiza o AgoraSón primavera 2026, con Ialma en concerto.
Para público en xeral
15/05/2026
Dende o luns 11 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (15 de maio) pola tarde na biblioteca do Centro Ágora.
21.00 horas
60 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
De balde con invitación
Teléfono: 981 189 888
Correo: lingua@coruna.gal
Esta edición do AgoraSón terá como protagonistas a Ialma.
O Servizo de Normalización Lingüística, o venres 15 de maio ás 21.00 horas, volve organizar o concerto do AgoraSón primavera (co gallo do Día das Letras Galegas) e para promover a lectura e o emprego de materiais audiovisuais en lingua galega), en colaboración coas Bibliotecas Municipais da Coruña.
Ialma é o cuarteto formado por Verónica Codesal, Natalia Codesal, Marisol Palomo e Eva Fernández. Aínda que residen en Bruxelas, manteñen unha conexión permanente coa súa terra natal, Galicia. Durante 25 anos, a cultura musical e tradicional galega foi para elas fonte inesgotable de inspiración. Dende esas raíces construíron un repertorio de cancións que celebran diversos aspectos da vida cotiá: a vida das mulleres de hoxe, en contacto con múltiples culturas, linguas e estéticas musicais.
Dende o seu debut no ano 2000, co seu primeiro álbum, Palabras darei, percorreron un longo camiño e con multitude de concertos foron forxando a súa reputación como embaixadoras da cultura galega a nivel internacional. Agora, celebran o seu 25 aniversario co seu sétimo traballo, Homenaxe, nun concerto que honra a memoria e a resistencia e que será unha viaxe musical pola emoción e a celebración.
A asistencia será de balde, mais precisará a recollida previa de invitación nas Bibliotecas Municipais.
Repartimento de invitacións
Repartiranse as invitacións, ata esgotárense, co préstamo de material en lingua galega (libros, películas, CDs de música etc.) dende o luns 11 de maio nas bibliotecas municipais no horario de apertura de cada centro.
Faranse dúas quendas de repartimento:
Consulta os Horarios de cada unha das bibliotecas e do Punto de Préstamo de Mesoiro.
Repartiranse dúas invitacións por carné. Son sen numerar.
Noticias relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible