“Nós somos elas”, unha exposición con 24 retratos de mulleres seleccionados do Arquivo Fotográfico Vidal acompañadas por textos escritos por poetas actuais.
Para público en xeral
Dende o 12/05/2026 ata o 30/05/2026
Cando: do 12 ao 30 de maio de 2026. A visita guiada: 19 de maio ás 19:30 h.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Prezo: de balde
Organizadora: Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"
agra@galizacultura.gal
A Sección de Igualdade e Dereitos Civís da Deputación puxo a disposición da Asociación veciñal Agra esta mostra de 25 paneis creada pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, que, querendo poñer o foco nas mulleres, artellou un diálogo entre fotografías do pasado e poesía actual.
Unha escolma do Arquivo Fotográfico Vidal
O Arquivo Fotográfico Vidal, da colección permanente do Museo de Mar de Laxe, está composto por máis de 67.000 imaxes, realizadas dende finais do século XIX ata finais do século XX, polos fotógrafos locais José María Vidal e o seu pai Plácido Vidal.
Os Vidal foron retratistas da vida cotiá de Laxe e toda a comarca e non houbo acontecemento social que non pasase polas súas cámaras. Festas, procesións, concentracións deportivas, actos relixiosos, personaxes populares, visitantes ilustres, nada escapou ao seu obxectivo.
O mundo rural e mariñeiro recóllese nas súas instantáneas nas que as mulleres ocupan o lugar de protagonistas en fotografías tiradas no ámbito privado e familiar que son a maior parte das seleccionadas en "Nós somos elas". A totalidade das imaxes da mostra son de José María Vidal. Mulleres acompañadas dos seus fillos e fillas son os conxuntos máis repetidos nos 24 retratos seleccionados.
Unha fotografía e un poema
Vinte e catro poetas galegas dialogan coas fotografías do laxés José Mª Vidal. Eis o fío, o vínculo e continuidade que expresa o título da exposición, entre mulleres do pasado e de hoxe. Cada panel e o seu conxunto ofrecen un relato diferente, inclusivo, que trae ás mulleres a ocupar o seu lugar na historia, a facelas protagonistas e visibilizalas.
As poetas que participan na mostra, poñendo palabra ás imaxes de José María Vidal son: Ana Romaní, Antía Otero, Berta Dávila, Chus Pato, Clara Vidal, Dores Tembrás, Eli Ríos, Emma Pedreira, Estíbaliz Espinosa, Eva Veiga, Helena Villar Janeiro, Lucía Aldao, Lucía Novás, Luz Pozo Garza, María do Cebreiro, Marica Campo, Marta Dacosta, Medos Romero, Mercedes Queixas, Miriam Ferradáns, Olga Patiño, Pilar Pallarés, Rosalía Fernández Rial e Yolanda Castaño.
Visita guiada
A exposición compleméntase cunha visita guiada por María Xosé Bravo, presidenta da AC Alexandre Bóveda, o martes 19 de maio ás 19:30 h.
Esta exposición, como todas as actividades do programa "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

19/05/2026, de 19:30 a 20:30
Dende o 14/05/2026
Aforamento limitado. Prioridade de acceso para reservas confirmadas a través do correo institutocornide@coruna.gal

Dende o 23/04/2026 ata o 31/05/2026

Dende o 26/05/2026 ata o 12/06/2026

Dende o 12/05/2026 ata o 31/07/2026
Exposición ao aire libre na rúa Compostela

Dende o 19/10/2026 ata o 02/11/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible