Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Tatiana Medal. Composición 1961

Proposta para a que a artista realizou unha intervención site-specific na pequena galería situada na entrada da biblioteca da Fundación e para a que tamén reinterpreta un dos seus traballos anteriores a través dun libro de artista

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 17/12/2014 ata o 20/06/2015

Xa rematou

Horario:

Martes a sábado de 11:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 20:00 h
Domingos de 11:00 h a 14:00 h
Luns pechado

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Prezo:

gratuíto

Organiza:

Fundación Luís Seoane

O traballo de Tatiana Medal adoita identificarse sobre todo coa pintura, coa práctica da abstracción, co emprego e o dominio da cor e o estudo profundo da composición. O exercicio pictórico na súa obra caracterízase por ser metódico e selectivo, pola procura do inesperado, da apertura de diferentes vías de expresión nas que a pintura domina finalmente os distintos soportes coa súa presenza constante, un proceso no que esta se deconstruye e transfórmase, pero xamais chega a desvanecerse por completo. En Composición 1961, a intervención site-specific situada na entrada da biblioteca da Fundación Luís Seoane, a artista transforma por completo este pequeno recinto grazas á disposición sobre as paredes da galería de enormes placas de policarbonato alveolar, un material translúcido no que introduciu masas líquidas de diferentes tonalidades básicas nas estreitas celas que o compoñen. O título desta peza e da exposición é unha homenaxe a unha vidreira de grandes dimensións, Composición, que Luís Seoane realizou en 1961 para o vestíbulo do Teatro da Sociedade Arxentina en Buenos Aires, unha obra na que a luz e a cor xogaban un papel fundamental. De igual modo, a intervención de Tatiano Medal constrúe unha paisaxe nova dentro dun espazo inicialmente estático: as variacións da luz extraen do interior da peza unha policromía que muda ao longo do día, e que tamén se transforma en función da climatoloxía, converténdoa en algo vivo, que non depende da mirada do espectador para despregar todas as súas posibles variacións.

Luís Seoane destacaba na súa obra Arte mural. A ilustración a importancia que artistas como Fernand Légar ou movementos como o constructivismo ou o neoplasticismo concedían á cor como elemento capaz de transformar por completo un espazo arquitectónico mediante a utilización de tres pigmentos elementais: do mesmo xeito, a obra de Tatiana Medal nace das posibilidades de combinación de tres colorees básicos "dos que é posible extraer case todos os demais", en palabras da artista. Seoane cría que da combinación da cor xurdía a preocupación por integrar as artes, e esta peza, coa súa capacidade para modificar a contorna no que se sitúa constitúe un magnífico expoñente diso, ademais de ser un claro exemplo de todo o que caracterizou a obra de Tatiana Medal desde os seus inicios, desde aqueles gravados de pequeno formato nos que alteraba e combinaba a orde dos ferros de cor para traducilos a gran escala, ata a utilización das composicións fotográficas levadas á linguaxe pictórica, sen esquecer as retículas e tramas ou as infinitas variacións dunha paleta cromática básica empregadas nos seus acrílicos: estudo e experimentación en diferentes soportes que conducen sempre ao mesmo lugar, á pintura como construción, como materia, como medio básico de expresión.

Composición 1961 establece un vínculo a modo de preámbulo con KARTEN, un libro de artista de edición limitada co que Tatiana Medal facer referencia ao labor editorial de Luís Seoane. KARTEN nace dunha peza anterior, 106 KARTEN, composta orixinalmente por 106 pinturas montadas sobre aluminio. Partindo dos pregos dun atlas, a artista foi tachando todos os topónimos, creando desta maneira unha nova superficie na que a función fráfica dos mapas desaparecía por completo. O papel cóbrese con segmentos lineais que xorden como estrías aleatorias sobre as masas de cor, dando lugar a unha nova paisaxe, a unha nova orde e a un novo e singular linguaxe dotada dunha sentido completamente distinto, xerando ao mesmo tempo un novo espazo de luz e cor. 106 KARTEN foi concibido orixinalmente como un políptico xigantesco, de 125 centímetros por 16 metros, cuxo orde variaba en función do espazo no que era exposto sen perder por elo o seu sentido. Agora, KARTEN simplifica o seu nome e convértese de novo en libro nunha edición limitada de 100 exemplares mediante o que Tatiana Medal crea unha especie de mapa da imaxinación, convidando o espectador que se asoma ás súas páxinas para transformar a súa mirada e percibir este exemplar desde o punto de vista pictórico, eliminando calquera posibilidade de grafía reconocible, converténdoo nunha obra de arte na que se poden ler e reler cores, trazos e espazos tantas veces como esteamos dispostos a viaxar sobre el.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión