6 de septiembre de 2024
O Concello colabora nesta celebración na que haberá música, obradoiros, teatro, deporte e coloquios
O Concello da Coruña colabora coa Asociación de Comerciantes do Castrillón, Eirís e Monelos (Acocem) na organización do Día da Familia, que se celebrará este sábado 7 e domingo 8 no parque de Eirís con numerosas actividades lúdicas e festivas para todas as idades. O Goberno de Inés Rey continúa a promover eventos nos barrios que lle permitan á cidadanía confraternizar e contar con actividades de ocio de proximidade.
O Día da Familia prolongarase desde o sábado ás 11.00 ao domingo ás 21.00 horas con numerosas actividades para todos os públicos. Haberá ambos os días unha feira de comercio, artesanía e hostalería, aberta durante toda a xornada; tamén obradoiros infantís e xuvenís e haberá atraccións de distinto tipo abertas todo o día. O sábado terá lugar a partir das 11.00 horas o torneo de fútbol infantil da SD Eirís. Tamén ás 11.00 horas actuará o grupo Musicoterapia, ás 12.00 haberá unha sesión de teatro de Kids&Us e ás 13.00 horas actuará A Trova Coruñesa.
Xa pola tarde, a partir das 15.00 horas, haberá actividades a cargo da ADC Alquimia Inline: proba de patíns en liña, concurso de tiros a porta de hóckey e exhibición de freestyle. Ás 16.30 horas haberá unha charla de InDiCan (Iniciativa Dignidade Canina) e unha coreografía de Artestudio. Ás 17.00 horas haberá unha sinatura de libros de María García da súa obra 'El renacer de los girasoles' (que estará tamén o domingo ás 13.00 horas) e unha actuación da Casa de Aragón. Ás 18.00 horas terá lugar o pregón a cargo do actor César Cambeiro. O día pecharase cunha batalla de galos ás 19.00, a actuación musical de O Tren da Unha ás 22.00 e de DJ Pukas a partir da 01.00 da mañá.
O domingo a xornada comezará coa celebración dunha carreira infantil a partir das 10.00 horas. Ás 12.00 horas terá lugar un torneo de fútbol xuvenil e ás 13.30 horas haberá unha actuación musical a cargo de Begoña García. Pola tarde, ás 17.00 horas, levarase a cabo o torneo de fútbol feminino, mentres que ás 19.00 horas será o de categoría masculina da SD Eirís. Ás 17.30 haberá un desfile de moda e peiteado e a xornada finalizará cunha festa Holi ás 19.00 horas.

23 de febrero de 2026

17 de febrero de 2026

16 de febrero de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible