28 de septiembre de 2023
O prazo de solicitude será desde o 2 ata o 10 de outubro, ambas datas incluídas
O Concello de A Coruña abre unha nova convocatoria para solicitar praza nas escolas con prazas vacantes. O total de 73 prazas que oferta distribúese da seguinte maneira, segundo escola e ano de nacemento das cativas e cativos:
|
Aulas (ano de nacemento) |
A Caracola | Agra do Orzán | Arela | Carricanta | Los Rosales | Luis Seoane | Monte Alto | Os Cativos |
|
Aulas 0-1 (2023) |
0 | 0 | 0 | 0 | 8 | 1 | 0 | 9 |
|
Aulas 1-2 (2022) |
0 | 0 | 0 | 0 | 1 | 0 | 0 | 0 |
|
Aulas 2-3 (2021) |
0 | 7 | 11 | 3 | 19 | 0 | 2 | 17 |
Prazo de solicitude e adxudicación das prazas
O prazo de solicitude será desde o 2 ata o 10 de outubro, ambas datas incluídas.
A documentación e a ficha de solicitude asinada polos dous proxenitores deberá presentarse, preferiblemente, no rexistro electrónico do Concello (https://sede.coruna.gob.es), nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de Procedemento Administrativo.
A adxudicación das mesmas está sometida aos criterios de baremación sinalados nas Bases reguladoras do proceso de admisión nas escolas infantís integradas na REIM para o curso 2022-2023 .
Publicación das listaxes definitivas e matrícula
As listas definitivas faranse públicas o 24 de outubro e a matrícula deberá formularse entre o 26 e 27 de outubro, previa cita fixada pola escola correspondente.
A EIM Monte Alto trasládase á EIM Luis Seoane
De forma temporal, a escola infantil municipal Monte Alto traslada as súas aulas á escola infantil municipal Luis Seoane, na rúa Vigía s/n.
Documentos relacionados

15 de diciembre de 2025

15 de diciembre de 2025

12 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible