Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

17 de diciembre de 2025

O Concello organiza visitas guiadas pola exposición “Xavier. Momentos naturais”

Os pases serán os sábados 20 e 27 de decembro e o 3 de xaneiro, ás 12.00 no Quiosco Alfonso

O pasado 3 de decembro, Inés Rey inauguraba no Quiosco Alfonso a mostra "Xavier. Momentos naturais", que trouxo á cidade algunhas das obras máis relevantes do artista francés Xavier, sobriño neto e discípulo formal de Picasso. O Concello organizou varios pases gratuítos de visitas guiadas para percorrer en toda a súa profundidade as pezas expostas e poñer mellor en contexto as propostas do pintor. 

Haberá tres sesións. Serán os sábados 20 e 27 de decembro e 3 de xaneiro ás 12.00 horas. A entrada é libre, pero hai que reservar a praza presencialmente no propio Quiosco. A exposición é tamén unha homenaxe á memoria familiar e á historia da arte, que pecha un ciclo emocional que une a cidade coa saga Picasso. Como cidade picassiana, esta mostra intégrase na programación anual organizada polo Concello arredor do artista, tanto na súa Casa Museo como no resto de espazos culturais municipais. 

A alcaldesa definiu a Xavier como "un artista plural, que explora pintura, escultura, gravado, cerámica e mesmo cinema". Nesta mostra comisariada por Marta Volga e Rubén Ventureira, a natureza é protagonista: non só como tema, senón como linguaxe e espazo de reflexión. Unha conversa coas experiencias propias do autor e as súas pulsións máis oníricas.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión