20 de febrero de 2026
A competición reunirá arredor de 260 patinadores e patinadoras de 14 clubs da provincia da Coruña nunha cita clave para o impulso do deporte base
O pavillón de Monte Alto será escenario esta fin de semana, os días 21 e 22 de febreiro, da I Fase de Niveis de Patinaxe Artística - Coruña Norte, organizada polo Concello da Coruña en colaboración coa Federación Galega de Patinaxe.
Na sede coruñesa, a competición desenvolverase en tres xornadas independentes: o sábado en horario de mañá (de 10.00 a 14.30 horas) e de tarde (de 16.30 a 21.30 horas), e o domingo en horario de mañá (de 10.00 a 14.30 horas). Está prevista a participación aproximada de 260 patinadores e patinadoras procedentes de 14 clubs da provincia da Coruña.
Trátase dunha competición de base cuxo obxectivo é fomentar a práctica deportiva e favorecer o desenvolvemento técnico do patinaxe artístico desde as primeiras etapas formativas, contribuíndo á consolidación de valores como o esforzo, a disciplina e o compañeirismo.
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, destacou a importancia de apoiar este tipo de iniciativas: "O deporte base é unha prioridade para este Concello. Probas como esta permiten que centos de rapazas e rapaces teñan a oportunidade de competir, medrar e gañar experiencia nun entorno organizado e seguro, fortalecendo ademais o tecido deportivo da nosa cidade".
A celebración desta fase na Coruña reforza o compromiso municipal co impulso do deporte formativo, liña estratéxica recollida nas políticas impulsadas polo Goberno de Inés Rey para promover hábitos de vida saudables.

21 de febrero de 2026

20 de febrero de 2026

19 de febrero de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible