30 de marzo de 2025
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou na entrega de medallas
Máis dun milleiro de persoas participaron esta mañá na terceira edición da Carreira Costa Ártabra, que se celebrou cun percorrido que atravesou os concellos de Oleiros e A Coruña. Víctor Puyuelo e Karina Yevtushenko foros o gañador e a gañadora desta competición de 10 quilómetros. O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou na entrega de medallas, celebrada no paseo do Parrote.
A carreira partiu ás 9.30 horas do castelo de Santa Cruz, en Oleiros, coa participación de máis dun millar de participantes. Transcorreu sen incidencias polo bordo litoral coruñés, chegando á meta no castelo de San Antón, na Coruña. Ademais da proba absoluta, tamén se celebrou una proba dunha milla de distancia.
A carreira é solidaria e toda a recadación irá destinada ao Comité Antisida da Coruña (Casco), que tamén exerce de organizador. "Desde o Goberno de Inés Rey apoiamos esta proba e amosamos que somos unha cidade solidaria, á vez que continuamos promovendo hábitos de vida saudables a través das carreiras populares", sinalou Vázquez.
Na categoría masculina o podio estivo formado por Víctor Puyuelo, Álvaro Presedo e Mikel Ocerín. Na categoría feminina, as tres primeiras clasificadas foron Karina Yevtushenko , Lucía Fariña e Inés Iglesias.

2 de diciembre de 2025

30 de noviembre de 2025

27 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible