Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Día da Ciencia na Rúa 2026

O Servizo Municipal de Educación, en colaboración coa Federación Provincial das ANPA de centros públicos, participa cunha proposta didáctica titulada "Un paseo polo cosmos", dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

09/05/2026

Horario:

Das 11.00 ás 19.00 horas

Enderezo:

Xardíns de Méndez Nuñez . Xardíns de Mendez Núñez s/n. 15006 A Coruña

Desde o ano 1996 celébrase anualmente o "Día da Ciencia na Rúa", posto en marcha pola Asociación de Amigos dos Museos e, dende hai uns anos, organizado polos Museos Científicos da Coruña.

A edición deste ano 2026 celebrarase o sábado 9 de maio, das 11.00 ás 19.00 horas, nos Xardíns de Méndez Núñez.

O "Día da Ciencia na Rúa" pretende, principalmente, achegar a xente máis nova ao mundo da ciencia, a través de propostas nas que eles e elas serán os/as protagonistas, sacando a ciencia á rúa, divulgando o coñecemento cientfíco e presentándoa como un xogo ao alcance de todos e todas.

O Concello da Coruña, como entidade colaboradora, poñerá a disposición dos programas de lecer da Federación Provincial das ANPAS unha carpa.

Os/as escolares de 4.º a 6.º de primaria do programa Ludiverso do CEIP Ramón de la Sagra están convidados/as a participar no evento, para mostrar e explicar algunhas das actividades e experimentos levados a cabo ao longo deste trimestre. Aqueles/as escolares que desexen participar irán acompañados/as polos seus pais ata o propio espazo. Unha vez alí, estarán a cargo dos/as educadores/as e, unha vez finalizada a actividade, os pais terán que recollelos no mesmo lugar. O horario de participación dos/as escolares será das 11.30 ás 13.00 horas.

Para poder participar deberáselle entregar a autorización debidamente cuberta ao persoal educador antes do martes 5 de maio.

Un paseo polo cosmos

As actividades ou propostas didácticas que se mostrarán xirarán arredor da temática que leva por título: "Un paseo polo cosmos".

A astronomía será o eixe a través do cal trataremos, mediante a experimentación e a realización de actividades sinxelas, de espertar o interese e a curiosidade das e dos pequenos, creando un espazo no que poidan xogar e propoñer interrogantes sobre:

  • Recuncho de corpos celestes: os corpos celestes que compoñen o universo: tipos, movementos, constelacións etc.
  • Recuncho da influencia na natureza: a influencia no ámbito da natureza. Fases da lúa, marea, día, noite, estacións, clima e a súa relación coa astroloxía.
  • Recuncho de descubrimentos e científicos destacados: a importancia da astronomía na cultura e a ciencia. Avances científicos, novos descubrimentos e as súas aplicacións reais, científicos e astronautas destacados etc.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión