Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Elisa e Marcela

O 8 de xuño de 1901 dúas mulleres, Elisa e Marcela, casan na igrexa de San Xurxo na Coruña.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

29/11/2018

Xa rematou

Horario:

20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá eo acceso á sala).

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

5,00 €

(Deberán ter entrada todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto)

Para conseguir enganar ao cura e facer oficial o seu amor, Elisa transfórmase en Mario. A voda e os posteriores sucesos que envolven a súa historia convértenas no primeiro matrimonio homosexual do que temos constancia en todo o Estado, mais tamén nunhas das mulleres máis transgresoras da historia de Galicia. Elisa e Marcela son un símbolo do desafío ás regras do binomio de xénero e da defensa dos dereitos das parellas lésbicas.

COPRODUCCIÓN A PANADARÍA - CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

con: Areta Bolado, Noelia Castro,  Ailén Kendelman

Dirección: Gena Baamonde

Idioma: Galego

VENDA DE ENTRADAS

Despacho central da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Colón: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión