Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Festa dos Libros: Obradoiro de creación literaria "Relato Exprés", con Andrea Barreira

Baixo o lema "Un libro ao teu carón: festa do libro 2023", as bibliotecas municipais organizan un completo calendario para celebrar o Día do Libro, a semana previa ao 23 de abril, permitindo participar á veciñanza dos barrios en roteiros, obradoiros ou conversas con persoas que teñen moito que dicir dos libros.

A quen vai dirixido?:

De 8 a 14 anos

A quen vai dirixido:

Infantil

Cando:

18/04/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 11/04/2023 ata o 18/04/2023

Require inscrición

Horario:

de 18:00 a 20 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Número de prazas:

15

Contacto:

bduranloriga@coruna.gal

981184388

Que teñen as historias que nos levan a entusiasmarnos con elas ou a detestalas?

Neste contexto encádrase este obradoiro de creación literaria. É o momento de tomar as rendas e crear aqueles relatos que sempre quixemos ler. Neste obradoiro de escrita, descubriremos como manexar os elementos narrativos para poder mergullarnos na nosa imaxinación, da man de Andrea Barreira Freije.

Ao final da sesión construiremos un fanzine tan único como as persoas que escribiron os relatos!

E se queres máis información podes vir preguntar á Biblioteca Durán Loriga, chamarnos por teléfono (981 184 388) ou escribirnos ao noso correo (bduranloriga@coruna.gal).

Esperámoste!

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión