Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Día do Libro 2023: Un libro ao teu carón

Baixo o lema "Un libro ao teu carón: festa do libro 2023", as bibliotecas municipais organizan un completo calendario para celebrar o Día do Libro, a semana previa ao 23 de abril, permitindo participar á veciñanza dos seus barrios en roteiros, obradoiros ou conversas con persoas que teñen moito que dicir dos libros.

Chega abril e con el unha das nosas celebracións máis queridas: o Día do Libro. Este ano, máis que nunca, queremos ser o epicentro da festa nos barrios e poñer os libros ao teu carón, e para iso temos preparada unha proposta fantabulosa que se suma á nosa programación habitual, concentrada na semana previa ao 23 de abril: obradoiros creativos, roteiros e encontros literarios, lecturas en voz alta, agasallos... e libros, moitos libros!

Seguro que xa coñeces os nosos programas de contacontos e promoción lectora para crianzas de 0 a 7 anos, os clubs de lectura e de divulgación científica, os encontros para familias, etcétera. Se a iso sumamos todas as actividades extraordinarias da semana, xa temos a festa feita!

O calendario completarase con mostras de temática variadas en cada biblioteca, que teñen como denominador común achegar á cidadanía curiosidades literarias e a diversidade do libro, e coa solta de libros nos barrios, preto das bibliotecas, durante toda semana. Estes "libros libres" levarán unha tarxeta para que a persoa que os atope poida compartir o instante nas redes sociais, o que virá dar máis sentido, incluso, ao lema escollido: levar "un libro ao teu carón". E é que, ao noso través, o libro, este abril, toma os barrios!

Solta de libros

Queremos que os libros saian dos nosos andeis e paseen polos nosos barrios! Por iso, a partir do luns 17, cada biblioteca liberará lotes de libros variados nos seus arredores, que estarán identificados con etiquetas e tarxetas onde se explicará a dinámica desta solta simbólica das palabras, facendo do barrio enteiro unha biblioteca. Avisaremos a través de pistas nas nosas redes sociais de onde e cando buscalos.

Quen atope algún destes libros, pode quedar con el, levalo para a casa, lelo e despois volver deixalo en calquera lugar para que outra persoa o recolla e poida gozar con el. Animamos á veciñanza a compartir a súa foto co libro libre xunto co cancelo #unlibroaoteucarón e citando a @bibcoruna en Instagram ou Twitter.

Actividades nas bibliotecas (do luns 17 ao sábado 22)

Para nenos e nenas de +8 anos

  • Obradoiro de relato exprés con Andrea Barreira (Biblioteca Durán Lóriga, martes 18, 18:00 h)
  • Obradoiros de cómic con Santy Gutiérrez (Biblioteca Monte Alto, mércores 19, 18:00)
  • Obradoiro de cómic con Yago García Rodríguez ( Biblioteca Agora, venres 21, 18:00 h)
  • Obradoiro creativo "Contos, cubismo e artista do vangardismo" coa A.C. Mirlotil (Biblioteca Sagrada Familia, sábado 22 , 11:00 h)

Para a mocidade:

  • Obradoiro de escrita con Lúa Mosquetera (Biblioteca Durán, mércores 19,  18:00)
  • Obradoiro de escrita con Lúa Mosquetera (Biblioteca Os Rosales, venres 21, 18 h)

Para persoas adultas:

  • Lecturas en voz alta  con participación clubs de lectura (Biblioteca Ágora, martes 18 pola tarde)
  • Roteiro Literario polas figuras literarias da cidade (Biblioteca Durán Lóriga, xoves 20, 17:30 h)
  • A novela da Coruña: encontro con Manuel Rivas arredor da Coruña como escenario literario (Biblioteca de Estudos Locais, mércores 03 de maio, 19 h.)

Mostras bibliográficas: a diversidade do libro

BIBLIOTECA

MOSTRA

DESCRICIÓN

DURÁN LORIGA

Libros para aprender

Libro informativo atractivo

SAGRADA FAMILIA

Libros para ver e desfrutar da pintura

Libros de arte para todas as idades

CASTRILLÓN

Libros que falan de libros

Libros metaliterarios

FÓRUM

Libros belidos

Libros de edicións coidadas e de luxo

ESTUDOS LOCAIS

A Coruña, escenario literario

Libros ambientados na Coruña

ROSALES

Emoción, intriga e dor de barriga

Libros de intriga e misterio

MONTE ALTO

Libros con vida

Libros biográficos

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión