Celebramos o International Games Month nas Bibliotecas Municipais da Coruña
Para nenos e nenas de 6 a 12 anos
Infantil
11/11/2025
Xa rematou
Dende o 04/11/2025 ata o 11/11/2025
Require inscrición
Das 18.00 ás 20.00 h
2 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O martes 11 de novembro, de 18 h. a 20 h., temos unha xornada de xogos dirixida a crianzas de 6 a 12 anos na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano.
Inscrición previa dende o martes 4 de novembro.
Un ano máis, sumámonos a esta interesante iniciativa promovida por unha organización internacional do ámbito bibliotecario, a American Library Association (ALA), que aposta por poñer en valor o importante papel que poden exercer os xogos nas bibliotecas.
A actividade consiste na practica e aprendizaxe de diversos xogos de mesa, para nenas e nenos con idades comprendidas entre 6 e 12 anos. A selección dos xogos utilizados na sesión estará adaptada e deseñada en función do perfil e idades dos participantes.
Dispoñerase de 4 mesas de xogo, formadas por grupos de ata 4 crianzas. As partidas terán unha duración curta e dinámica (ata 30 minutos) e estarán acompañados de 2 monitores de Metrópolis Cómics que farán as demostracións e explicarán os xogos.
Tamén che pode interesar

12/03/2026
Inscricións:

Dende o 09/03/2026 ata o 13/03/2026
Dende o 02/03/2026 ata o 07/03/2026
Inscrición presencial na biblioteca

Dende o 09/03/2026 ata o 13/03/2026
Dende o 02/03/2026 ata o 07/03/2026
Inscrición presencial na biblioteca

Dende o 09/03/2026 ata o 13/03/2026
Dende o 02/03/2026 ata o 07/03/2026
Inscrición presencial na biblioteca

13/03/2026

14/03/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible