Thriller trepidante sobre a desaparición de Jacobo Grinberg, especialista no estudo da telepatía e considerado para moitos como o Einstein da conciencia.
Para público en xeral
06/09/2022
Xa rematou
20.00 h
* Pídese puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala.
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
2.50 €
(carné Xove, +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €)
*Imprescindible presentar o documento que acredite o desconto no momento de comprar a entrada en despacho de billetes e de acceder á sala na que terá lugar a proxección
IMCE
En 1994, e en pleno clímax da súa carreira, o doutor mexicano Jacobo Grinberg desapareceu misteriosamente. As estrañas circunstancias da súa desaparición deron pé a múltiples hipóteses e teorías que contribuíron a ocultar a verdade do caso. Considerado por moitos como o Einstein da conciencia, Grinberg levou o estudo da psicofisioloxía alén dos límites da ciencia tradicional coa finalidade de achegarse ao potencial infinito do cerebro humano e demostrar os primeiros indicios da telepatía.
O director Ida Cuéllar investigou o caso durante sete anos e construíu un thriller metafísico trepidante, onde se revelan probas descoñecidas que reescriben a crónica dos últimos días antes da súa desaparición. Mergullarse no misterio do doutor Grinberg implica reflexionar sobre o misterio da existencia humana e, máis que ofrecer respostas, descubriremos como facernos mellores preguntas.
DIRECCIÓN
Ida Cuéllar
PRODUCIÓN
Carles Brugueras, Marieke van dean Bersselaar, Ida Cuéllar, Inés Massa
2020
92 min.
Cataluña e España
Castelán e inglés
Subtítulos: castelán e inglés
VENDA DE LOCALIDADES

Dende o 18/12/2025 ata o 20/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 20/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible