Como cada ano con motivo da fin de curso, El Ruiseñor leva a escena un espectáculo musical. Revival, escrita e dirixida por Susana Crespo, é unha homenaxe ás películas adolescentes dos anos 80. Arredor de 100 alumnos de todas as idades, trasladarannos a unha época de cambio, transgresora, tanto na moda como na música. Unha historia contada en clave de humor con danza musical que sen dúbida traerá moitos recordos para todos os que tivemos a sorte de vivir aqueles marabillosos anos.
público en xeral
Xuvenil, Para público en xeral
03/07/2016
Xa rematou
19.30 h
Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala.
80 min
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
5'00 €
Molly acaba de trasladarse coa súa familia a unha nova cidade tras o divorcio dos seus pais. A chegada ao instituto novo e a procura de amigos resultará un desastre para ela ao non ser aceptada polos demais pola súa peculiar forma de vestir e de pensar. O seu repentino namoramento a primeira vista de Robbie, o capitán do equipo de rugby, provocará a súa inimizade con Charlene, a moza máis popular do instituto.
Ignorada polos seus compañeiros, decide aceptar o reto do seu único amigo, Buzz, que consiste en crearse un perfil falso de si mesma, enganando a todos ata o punto de conseguir todo aquilo que sempre envexou nos demais... a popularidade.
Ata onde pode levar a mentira e en que punto pode perder o sentido da realidade?
VENDA DE LOCALIDADES
Despacho de entradas Central Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.
Despacho de entradas do Centro Ágora: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h)

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h

Dende o 19/12/2025 ata o 20/12/2025

22/12/2025

23/12/2025

27/12/2025

Os días 27/12/2025, 28/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible