“Cleptómago” é un espectáculo de maxia explosivo, impredicible e cheo de humor, onde o público non só observa, senón que se converte en parte da acción.
Para público en xeral
16/01/2026
20.00 h
Platea / Palcos: 25,00 €
Principal: 22,00 €
1ª fila de principal (visibilidade reducida): 20,00 €
*Desconto do 20% para carné novo, maiores de 65 anos, persoas desempregadas.
*Desconto do 25% para familia numerosa
(Para a aplicación dos descontos é necesario a presentación da documentación que acredita o desconto no momento da compra e do acceso ao teatro)
NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO
Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.
Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.
Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala (excepto auga).
Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.
Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.
O teatro ten reservado o dereito de admisión
Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro deben facelo con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.
Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.
Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo responsable da sala.
A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.
RECOMÉNDASE:
Seguir as instrucións do persoal de sala
Actuar con responsabilidade.
Catuti Produccións SL
Shado, co seu carisma canalla e o seu estilo inconfundible, transforma o teatro nunha reunión entre amigos, facendo que cada función sexa única.
Cunha traxectoria que o converteu nun dos magos máis icónicos tras o seu paso por Got Talent, Shado domina como ninguén a arte do pickpocket, desafiando a lóxica ao roubar obxectos a plena vista sen que ninguén o note. Ilusións imposibles, risas aseguradas e unha interacción total cos asistentes fan deste show unha experiencia inesquecible, onde ata os máis escépticos réndense ante o imposible.
VENDA DE ENTRADAS:
Entidades

05/12/2025

06/12/2025

09/12/2025

10/12/2025

12/12/2025

13/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible