1 de decembro de 2025
O programa DEPORTE NO CENTRO promove o poder do deporte para o desenvolvemento integral dos menores, xa que non só promove a actividade física, senón que tamén ensina valores e habilidades fundamentais.
Os ENCONTROS LÚDICOS son momentos de encontros, vivencias e experiencias lúdicas relacionadas co deporte entre alumnado de diversos centros para intercambiar e compartir xogos, fomentando a socialización e interacción entre compañeiros diferentes aos que xogan habitualmente e, ao mesmo tempo, xerar unha motivación extra dentro dos grupos destas actividades do mesmo centro. Varios grupos de intrépidos exploradores reúnense para desfrutar dunha actividade de xogos, pero o que inda non saben é que esta aventura resultará moi complicada xa que terán que superar un montón de obstáculos e divertidas probas.
Os catro Encontros Lúdicos, que se desenvolveran os días 12, 15, 16 e 17 de decembro, reuniran en catro sedes (CEIP Manuel Murguía, CEIP María Barbeito, CEIP Sal Lence e CEIP S. Francisco Xabier) aos 165 nenas e nenos, con idades comprendidas entre os 3 e 5 anos, dos 16 grupos de 10 centros educativos que participan nas actividades de "Xogos e Movemento", "Pequexogos" e "Ludiverso" do programa de lecer Deporte no Centro, que se desenvolve en convenio ca Federación de AMPAS de centros públicos da Coruña.
E catro ENCONTROS DEPORTIVOS, de diversas modalidades:

3 de decembro de 2025

28 de novembro de 2025

27 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible