Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de decembro de 2025

Do 12 ao 17 de decembro celebraranse catro Encontros Lúdicos e catro Encontros Deportivos do programa de lecer Deporte no Centro

O programa DEPORTE NO CENTRO promove o poder do deporte para o desenvolvemento integral dos menores, xa que non só promove a actividade física, senón que tamén ensina valores e habilidades fundamentais.

Os ENCONTROS LÚDICOS son momentos de encontros, vivencias e experiencias lúdicas relacionadas co deporte entre alumnado de diversos centros para intercambiar e compartir xogos, fomentando a socialización e interacción entre compañeiros diferentes aos que xogan habitualmente e, ao mesmo tempo, xerar unha motivación extra dentro dos grupos destas actividades do mesmo centro. Varios grupos de intrépidos exploradores reúnense para desfrutar dunha actividade de xogos, pero o que inda non saben é que esta aventura resultará moi complicada xa que terán que superar un montón de obstáculos e divertidas probas.

Os catro Encontros Lúdicos, que se desenvolveran os días 12, 15, 16 e 17 de decembro, reuniran en catro sedes (CEIP Manuel Murguía, CEIP María Barbeito, CEIP Sal Lence e CEIP S. Francisco Xabier) aos 165 nenas e nenos, con idades comprendidas entre os 3 e 5 anos, dos 16 grupos de 10 centros educativos que participan nas actividades de "Xogos e Movemento", "Pequexogos" e "Ludiverso" do programa de lecer Deporte no Centro, que se desenvolve en convenio ca Federación de AMPAS de centros públicos da Coruña.

E catro ENCONTROS DEPORTIVOS, de diversas modalidades:

  • BALONCESTO, no CEIP Sal Lence
    • O venres 12 de decembro, de 16 a 18 horas.
    • Centros participantes: CEIP Sal Lence e CEIP Zalaeta
  • XADREZ, no Forum Metropolitano
    • O sábado 13 de decembro, de 11 a 13 horas.
    • Centros participantes: CEIP Concepción Arenal, CEIP Juan Fernández Latorre, CEIP María Barbeito, CEIP Torre de Hércules e CEIP Zalaeta.
  • BALONCESTO, no CEIP Sal Lence
    • O mércores 17 de decembro, de 16 a 18 horas.
    • Centros participantes: CEIP Sal Lence e CEIP Víctor López Seoane.
  • ATLETISMO, no CEIP Juan Fernández Latorre
    • O xoves 18 de decembro, de 16 a 18 horas.
    • Centros participantes: CEIP Juan Fernández Latorre e CEIP Víctor López Seoane.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión