Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de setembro de 2026

A Coruña pon en valor a Real Academia de Medicina como símbolo da condición da Coruña como capital médica de Galicia

O Concello realizou o descubrimento dunha placa en Durán Loriga que lembra os 193 anos de vinculación entre a cidade e a institución

A alcaldesa, Inés Rey, participou hoxe no descubrimento dunha placa conmemorativa na fachada do edificio municipal de Durán Loriga 10, sede da Real Academia de Medicina de Galicia, coa que se recoñece a histórica vinculación da institución coa Coruña. No acto estivo acompañada polo presidente da Academia, Francisco Martelo Villar, así como por membros da corporación, da institución científica e representantes do ámbito sanitario e científico. A alcaldesa estivo acompañada tamén polos concelleiros Jesús Celemín, Juan Ignacio Borrego, Nereida Canosa e Gonzalo Castro.

Castro explicou a importancia do recoñecemento: "As rúas dunha cidade non son só lugares polos que pasamos. Son tamén espazos de memoria nos que recoñecemos ás persoas e institucións que contribuíron a construír a cidade que somos", sinalou, que puxo en valor a presenza na Coruña dunha institución fundamental para entender a historia da medicina galega.

A Real Academia de Medicina naceu en Santiago en 1831 e, dous anos despois, en xullo de 1833, seguiu á Capitanía Xeral do Reino de Galicia ata A Coruña. "Aquí quedou. E non volveu marchar", destacou Castro, lembrando que "poucas institucións poden falar dunha relación tan longa coa Coruña". O concelleiro lembrou que a Academia asumiu desde os seus primeiros anos responsabilidades relacionadas coa investigación, a saúde pública, a loita contra as epidemias ou a vacinación e situou a Real Academia como símbolo da condición da Coruña como capital médica de Galicia. "A Coruña foi un referente na Medicina ao longo da hostoria con fotos como a expedición Balmis", dixo Castro.

Reclamación da facultade de Medicina

Ademais, durante a súa intervención, o concelleiro reclamou unha vez máis que A Coruña sexa sede da segunda facultade de Medicina en Galicial, unha demanda respaldada desde o primeiro momento por Inés Rey e na que o Concello da Coruña seguirá a insistir. 

Castro destacou tamén a colaboración entre o Concello e a Real Academia en materia de sensibilización, prevención e promoción de hábitos de vida saudables e agradeceu ao presidente da institución, Francisco Martelo Villar, e ás diferentes xeracións de académicos e académicas o seu compromiso coa cidade. "Esta placa contará a pé de rúa unha historia de 193 anos facendo da Coruña a casa da Real Academia de Medicina e contribuíndo desde aquí ao progreso da ciencia, da medicina e, sobre todo, ao benestar das persoas", concluíu. 

Inés Rey descubriu finalmente, con Francisco Martelo, a placa conmemorativa, e agradeceu o traballo realizado desde sempre pola Academia tanto pola cidade como por Galicia.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión