Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de abril de 2026

O Coliseum acollerá a vindeira semana tres concertos consecutivos con Hijos de la Ruina, Viva Suecia e Operación Triunfo

As últimas entradas continúan á venda en plataformas dixitais e na praza de Ourense

A actividade musical vivirá a vindeira fin de semana no Coliseum un momento álxido con tres concertos consecutivos de artistas de gran relevancia nacional. Trátase das actuacións de Hijos de la Ruina, Viva Suecia e Operación Triunfo, que estarán, respectivamente, o venres 17, sábado 18 e domingo 19 no recinto multiusos coruñés.

"A Coruña volve a amosar o seu músculo cultural e musical programando tres espectáculos de artistas cun grande éxito de público. Esta selección de artistas que actúan na cidade cada mes é froito do traballo constante do Goberno de Inés Rey para que A Coruña sexa parada obrigatoria nas súas xiras", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. As últimas entradas para os tres concertos continúan á venda a través de diferentes plataformas de venda en liña e no despacho de billetes da praza de Ourense. O día do concerto tamén se poderán conseguir no propio recinto. 

Hijos de la Ruina, o supergrupo formado por Natos, Waor e Recycled J, regresa en 2026 cunha xira histórica que marca o seu esperado reencontro cos escenarios tras un longo parón. A formación, referente da música urbana española e creadora de himnos que combinan rap cru con melodías actuais, inicia esta nova etapa cun tour que percorre as  grandes cidades do Estado.

Pola súa banda, Viva Suecia continúa a consolidarse como unha das bandas máis potentes do rock alternativo español coa súa xira "Hecho en tiempos de paz", un tour de gran formato que está a esgotar entradas en cidades de toda España. O grupo murciano percorre o país cun espectáculo épico que combina os novos temas do seu último álbum -convertido xa nun dos seus traballos máis ambiciosos- con himnos que forman parte da banda sonora dunha xeración. 

Por último, o fenómeno televisivo Operación Triunfo chega ao Coliseum da Coruña o domingo nun espectáculo de gran formato que reunirá sobre o escenario ás 16 voces protagonistas da edición OT 2025, entre elas o artista coruñés Tinho. O público coruñés poderá gozar dun show especialmente deseñado para grandes recintos, con actuacións emblemáticas, novos arranxos e momentos colectivos que trasladan ao directo a evolución vivida na academia.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión